miércoles. 26.01.2022 |
El tiempo
miércoles. 26.01.2022
El tiempo

Fina Casalderrey trae a Mozart a Galicia en 'O xenio da Cidade do Sal'

Presentación da obra de Fina Casalderrey, no centro. GONZALO GARCÍA
Presentación da obra de Fina Casalderrey, no centro. GONZALO GARCÍA
A escritora de Xeve, tamén académica da lingua, presenta o seu novo traballo na Deputación, xunto ao ilustrador Xosé Cobas

"Se che contan que estou tolo, que me divirte moito falar de porcalladas escatolóxicas, ou se che din que me pega a risa por calquera parvada, non lles fagas caso, caca podre! Simplemente, son un xenio", escribe Fina Casalderrey en O xenio da Cidade de Sal.

A escritora e mestra de Xeve, tamén membro da Real Academia Galega, presentou este xoves, no Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra, a súa última obra, na que fabula sobre a posibilidade de que Mozart fixera o Camiño de Santiago. Está ilustrada por Xosé Cobas e vai acompañada dun CD titulado Mozart á galega, coordinado e interpretado polo frautista Luís Soto e no que se recolle a integral dos cuartetos do compositor de Salzburgo para frauta e trío de cordas dialogando coas músicas tradicionais galegas.

Precisamente o frautista da Real Filharmonía de Galicia Luís Soto e o ilustrador da obra acompañaron a escritora na presentación deste novo título, xunto ao director da editorial Xerais, Fran Alonso. Con Soto tamén actuaron este xoves o resto dos integrantes do cuarteto de Mozart á galega: Nikolay Velikov (violín), Ioana Ciobotaru (viola) e Millán Abeledo (violoncello). O seu disco, realizado de xeito previo ao libro, serviu de punto de partida para a obra.

"Todo é real, excepto a viaxe a Santiago", explicoulle Fina Casalderrey a Sara Vila nunha entrevista publicada en Diario de Pontevedra. "El tiña síndrome de Tourette, e de aí que tivese moitas manías, entre elas a de limpar constantemente a boca cun pano, mover os dedos como se estivese tocando aínda que non tivese as teclas diante... Hoxe diriamos que é un neno hiperactivo. É tan certo que moitas das composicións con letra que facía non pasaban a censura por escatolóxicas, moitas raiaban o soez. Foi toda a vida un neno traste".

Fina Casalderrey trae a Mozart a Galicia en 'O xenio da Cidade do Sal'
Comentarios