O Free Life Orgullo Pontevedra reforza o seu ciclo de cine a través de encontros con directores

O Teatro Principal acollerá as proxeccións este ano

Fotograma da película Tierra firme que se proxectará no Principal
photo_camera Fotograma da película 'Tierra firme' que se proxectará no Principal

A programación Free Life Orgullo Pontevedra (Flop), que organiza o Concello co obxectivo de visibilizar e normalizar a diversidade sexual, amplía as súas propostas cun ciclo de cine que contará coa presenza de tres directores cos que o público poderá comentar as distintas películas. O Teatro Principal (no canto da Praza da Pedreira, como o ano pasado) acollerá as proxeccións, que serán abertas e de balde, todas ás 20.30 horas, menos a última que será ás 20.00.

O Cineclub Pontevedra colabora na primeira das sesións co pase de Teorema, de Pier Paolo Pasolini (29 de maio). Despois (30 de maio) poderase ver Tierra firme, de Carlos Marques-Marcet, que se proxecta en colaboración do festival Novos Cinemas. Outro festival, o FIC Bueu, encárgase da selección de curtas que se poderá ver o mesmo día (31 de maio) que 1948-2016. Un final para empezar, trala que o público poderá falar coa súa directora, Carmen P.G. Granxeiro. Tamén o poderán facer (o 1 de xuño) con Lázaro Louzao tralo pase de Nove de novembro e (o 2 de xuño) con Roberto Castón tras ver Ander.

...Axenda 🗓
Cinema. 28 de maio-2 de xuño

Día do Orgullo. 28 de xuño

Festival Flop. 14 de xullo

Comentarios