lunes. 10.05.2021 |
El tiempo
lunes. 10.05.2021
El tiempo

Freixanes, reelixido presidente da RAG

Monteagudo, Freixanes e Ledo, no pleno deste sábado. CABALAR (Efe)
Monteagudo, Freixanes e Ledo, no pleno deste sábado. CABALAR (Efe)
O seu proxecto centrarase en promocionar a presenza activa do galego entre os mozos

O pleno da Real Academia Galega (RAG) reelixiu este sábado a Víctor F. Freixanes como presidente da institución con 17 votos a favor e 3 abstencións. 

Acompañarano na nova comisión executiva Margarita Ledo Andión como secretaria; Fina Casalderrey na tesouraría; Marilar Aleixandre no posto de arquiveira-bibliotecaria e Henrique Monteagudo na vicesecretaría.

O equipo traballará nun proxecto "de continuidade" centrado en reforzar o labor científico da RAG e a súa proxección social, pensando especialmente na promoción da presenza activa do galego entre os mozos.

"A forza da Academia reside na súa condición de institución centenaria, na solvencia do seu traballo científico, centrado fundamentalmente na lingua, no seu compromiso insobornable coa cultura e co idioma, pero tamén na capacidade que teña para comunicar ese labor, póndoo ao servizo da sociedade", reivindicou Freixanes, ante o pleno.

Víctor F. Freixanes foi elixido por primeira vez presidente da RAG en marzo de 2017. O equipo de goberno que o acompañará nesta nova etapa será, segundo destaca a propia academia, maioritariamente feminino por primeira vez na historia da institución.

A catedrática de Comunicación Audiovisual e directora de cinema Margarita Ledo Andión, arquiveira-bibliotecaria durante a presidencia de Xesús Alonso Montero, asumirá a secretaría ocupada até agora por Monteagudo, que continuará como vicesecretario.

Tamén seguirán no equipo a até agora tesoureira Marilar Aleixandre, agora como arquiveira-bibliotecaria, e Fina Casalderrey, que pasa a ocupar a tesouraría. Para todos eles, Freixanes tivo palabras de agradecemento, especialmente para para Andrés Torres Queiruga, após completar oito anos no posto de vicesecretario.

Freixanes, reelixido presidente da RAG
Comentarios
ç