viernes. 26.02.2021 |
El tiempo
viernes. 26.02.2021
El tiempo

Galaxia e a Xunta lanzan unha colección de autores da Xeración Nós

Acto de presentación. XUNTA DE GALICIA
Acto de presentación. XUNTA DE GALICIA
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, remarcou a transcendencia dun dos movementos máis importantes dos últimos séculos

A editorial Galaxia e a Xunta presentaron este luns en Ourense unha colección con dez libros dos autores máis representativos da Xeración Nós, un movemento cultural e político que conferiu á cultura galega un gran protagonismo, e cuxa reedición coincide co centenario da revista Nós.

A colección presentada este luns inclúe dez obras dos autores máis representativos e ilustres do colectivo que revolucionou Galicia. Estes son: ‘O esquecido mentor de Nós’, de Antonio Losada Diéguez; ‘Teoría do nacionalismo galego’ e ‘Leira’, de Vicente Risco; ‘Polos vieiros da saudade’, ‘Entre a vendima e a castañeira’ e O señorito da Reboraina’, de Ramón Otero Pedrayo, e ‘Vicente Risco’, de Carlos Casares.

Completan a colección ‘Co pensamento na patria’, de Antón Vilar Ponte; ‘Antífona da cantiga’, de Ramón Cabanillas, e ‘Diario 1921’, de Castelao.

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, remarcou a transcendencia da Xeración Nós, un dos movementos máis importantes dos últimos séculos e que marcou un antes e un despois na historia de Galicia.

Na mesma liña, o presidente de Galaxia, Antón Vidal, resaltou esta colección que contribúe desde unha dobre vertente a cubrir lagoas no ámbito literario dos textos clásicos así como a dar a coñecer aos mozos o ideario desta xeración intelectual.

"Galaxia, unha editorial que simboliza a resistencia cultural do galeguismo e está moi vinculada a Nós", salientou o conselleiro.

Galaxia e a Xunta lanzan unha colección de autores da Xeración Nós
Comentarios
ç