O gañador do Premio Nadal Alejandro Palomas visitará Pontevedra

O autor realiza este mes unha mini xira por Galicia para presentar a súa última novela, 'Un amor' ▶Estará en Cronopios o día 13

Alejandro Palomas nunha foto promocional. EDITORIAL DESTINO-XAVIER TORRES
photo_camera Alejandro Palomas nunha foto promocional. EDITORIAL DESTINO-XAVIER TORRES

O gañador do último premio Nadal, o escritor Alejandro Palomas, visitará este mes Pontevedra. Segundo anunciou a súa editorial, o autor realizará unha mini xira por Galicia para presentar o seu último traballo, Un amor" Estará o 12 de marzo en Santiago de Compostela, ao día seguinte en Pontevedra (librería Cronopios) e rematará a xira un día despois en Vigo.

"Un amor es un nuevo tour de force narrativo de Alejandro Palomas: desgarrador, emocionante y profundamente hilarante, esta montaña rusa emocional no dejará indiferente a ningún lector, y no sólo por los innumerables pasajes en los que, de un modo u otro, éste se verá indefectiblemente reflejado, sino porque a buen seguro podrá extraer de ella alguna que otra enseñanza", explica a editorial Destino sobre a obra. "La de Palomas es, en Un amor, una literatura escrita y articulada para el impacto —"escribir para el plexo", lo define él—, en la que el autor tira una piedra y se hace a un lado, dejando que sea el lector quien viva de primera mano las consecuencias".

Alejandro Palomas (Barcelona, 1967) é un escritor e tradutor español, que escribe tanto en castelán como en catalán. Licenciado en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Barcelona e máster en Poesía polo New College de San Francisco, é tradutor literario, profesor en obradoiros de escrita creativa, colaborador en diferentes medios de comunicación e autor de novelas coa temática común dos problemas de incomunicación e dificultades familiares.

DESTINO. Obtivo o ano pasado o Premio Nadal, un dos máis prestixiosos de España, outorgado por edicións Destino, pola obra Un amor, na que se reatopa con personaxes doutros libros anteriores.

Entre os títulos que ten publicado nos últimos anos están El tiempo que nos une, Tanto tiempo, Agua cerrada, Entre el ruido y la vida, Una madre, Aunque no haya nadie, Un perro, Un hijo e Las dos orillas.

Comentarios