Lunes. 10.12.2018 |
El tiempo
Lunes. 10.12.2018
El tiempo

García Montero presenta no Culturgal o seu primeiro poemario en galego

Luis García Montero, no Culturgal. SALVADOR SAS
Luis García Montero, no Culturgal. SALVADOR SAS

'O dono do derradeiro minuto' é unha recompilación de 50 poemas seleccionados da traxectoria do recoñecido escritor

O director do Instituto Cervantes, Luis García Montero, presentou esta tarde na feira Cultural de Pontevedra o seu primeiro poemario en galego con tradución de Isaac Xubin.

O dono do derradeiro minuto é unha recompilación de 50 poemas seleccionados da traxectoria do recoñecido escritor Luis García Montero.

Ao acto de presentación tamén asistiu a directora de Tulipa Editora, Isabel Patiño, e o coordinador do proxecto Antón Sobral.

"Trátase dunha antoloxía poética moi súa que recolle poemas á súa muller, á súa nai ou a Rafael Albertí", destacou Isabel Patiño. 

García Montero presenta no Culturgal o seu primeiro poemario en galego