Goyo Jiménez traerá o seu novo monólogo en outubro a Pontevedra

As entradas para o show están á venda en ataquilla.com.
Imaxe promocional de Goyo Jiménez en 'Misery Class'. DP
photo_camera Imaxe promocional de Goyo Jiménez en 'Misery Class'. DP

Misery Class, o novo monólogo do humorista Goyo Jiménez, poderá verse en outubro en Pontevedra. A promotora do espectáculo vén de anunciar que o actor e guionista ten pechadas funcións durante dúas semanas en distintos escenarios galegos. Ademais de en Pontevedra, onde estará o 18 de outubro, visitará A Coruña, Vigo e Ourense.

Jiménez estará no Auditorio de Afundación da capital da provincia o 18 de outubro. As entradas para o show están á venda en ataquilla.com.

Segundo explican os promotores, Misery Class, "el lugar en el que están la mayoría de las personas", está escrito desde o punto de vista da persoa e non do personaxe. "Es el producto de un análisis de lo que nos rodea y hasta ofrece soluciones".

Goyo Jiménez é o nome artístico de Gregorio Jiménez Tornero (Melilla, 1970), monologuista recoñecido, que desenvolve tamén as facetas de presentador, actor, director e produtor. Formado na Escola Superior de Arte Dramática, a súa traxectoria comezou no teatro. Para o gran público deuse a coñecer tras participar en El club de la comedia. Entre outras cousas foi codirector e guionista do programa La hora de José Mota.

Comentarios