O grupo do irmán de Leiva, Sidecars, presenta o seu directo na Sala Karma

Unha foto promocional de Sidecars
photo_camera Unha foto promocional de Sidecars

O segundo grupo que a cervexa Mahou traerá a Pontevedra dentro das xiras que patrocina será Sidecars. Uns días despois de anunciar que o ciclo Escenarios Mahou traería o 16 de marzo á Sala Karma a Viva Suecia e Rufus T. Firefly, a marca desvela que promove a xira por toda España da banda de rock do irmán de Leiva (exPereza) e que a serie de actuacións inclúe catro paradas en Galicia, unha delas o 27 de abril na capital da provincia.

Axenda de concertos na Sala KarmaA primeira cidade galega na que actuarán será A Coruña. Alí subirán ao escenario da sala Pantalán o 13 de abril. Tamén estarán o 26 de abril na sala Malatesta de Santiago e o 28 de abril na sala Rouge de Vigo.

CUESTIÓN DE GRAVEDAD. A xira de Sidecars pasará por 14 cidades españolas dende o 6 de abril ata o 2 de xuño. En todas elas presentará Cuestión de gravedad, o seu último traballo de estudio.

Segundo lembra Mahou, Sidecars naceu no ano 2006 no barrio de Alameda de Osuna (Madrid). "Su trabajo constante les ha ido granjeando una base de seguidores que ha ido creciendo y consolidándose con el tiempo, hasta convertirlos en una de las bandas de referencia del rock actualmente", explica a marca.

O grupo, formado por Juancho (guitarra solista e voz), Dr. Gerbass (baixo) e Ruly (batería), ten publicado cinco discos ata o momento. En 2009 gañou o Premio de la Música ao mellor álbum de rock alternativo.

As entradas para os concertos están á venda en ticketea.com.

Comentarios