Guadi Galego, La Habitación Roja e The Posies protagonizarán o ciclo As Matinés do Principal 2018

 A primeira farao o 7 de abril, os segundos o 5 de maio e os terceiros o 6 de outubro

Guadi Galego, en concerto. JM PALEO
photo_camera Guadi Galego, en concerto. JM PALEO

A galega Guadi Galego, nun concerto especial con convidados, a banda valenciana La Habitación Roja, referencia do indie español, e os estadounidenses, The Posies, un dos grupos máis influíntes dos anos 90, actuarán este ano en Pontevedra dentro do ciclo As Matinés do Principal.  A primeira farao o 7 de abril, os segundos o 5 de maio e os terceiros o 6 de outubro. 

A concelleira de Cultura, Carme Fouces, e Carlos Montilla, da produtora I-Radia Crea, presentaron a segunda edición desta proposta, "pioneira en Galicia", segundo dixeron, que aposta por programar concertos de artistas pop e rock as fins de semana nun horario de mañá (12.30 horas), coa intención de arrastrar un público de carácter familiar.

Como o ano pasado, a organización completará a proposta involucrando á hostelería local, que acollerá catas, sesións vermú e encontros cos artistas. As entradas están á venda dende o 27 de febreiro en ticketea.com e ataquilla.com
 

Comentarios