O festival Surfing the Lérez, que se celebrará entre o 23 e o 25 de xuño na Illa das Esculturas de Pontevedra e que, no canto de entrada (que é gratuíta), lle pide aos asistentes unha doazón de alimentos non perecedeiros (que despois xestiona a plataforma local Rede Axuda), vén de facer públicos os seus horarios nas redes sociais. Segundo se pode ver no seu perfil de Facebook, o xoves os concertos comenzarán ás 16.00 horas. O sábado e o domingo haberá música en directo dende as 11.30 horas.
O festival contará con catro escenarios: dous dos seus dous principais patrocinadores, o Deleite e o Vibra Mahou, máis un escenario dedicado integramente a actividades infantís e outro onde estarán os DJ e a escola de artes Bonobo.
Segundo se pode ver na programación, Heredeiros da Crus, Boyanka Kostova e Familia Caamagno actuarán en horario de sesión vermú. Pola noite, os concertos centrais correrán a cargo de Ortiga (xoves, ás 22.45 horas), Dismal (venres, 22.00 horas) e Grande Amore (sábado, 21.20 horas), The Rapants (sábado, 22.30 horas) e Terbutalina (sábado, 23.30 horas).
Os horarios completos do Surfing the Lérez son estes: