Domingo. 21.04.2019 |
El tiempo
Domingo. 21.04.2019
El tiempo

Homenaxe en lingua italiana ás figuras das Letras Galegas

Presentación de 'La letteratura galega. Autori e testi'. EP
Presentación de 'La letteratura galega. Autori e testi'. EP

O libro está prologado polo profesor, investigador e académico da RAG Xesús Alonso Montero

O novo volume La letteratura galega. Autori e testi mostra en lingua italiana medio centenar de textos ao redor doutras tantas figuras das Letras Galegas, da man dos tres Centros de Estudos Galegos (CEG) italianos —Padua, Roma e Perugia— da Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos e no marco da colección Finisterrae, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Real Academia Galega (RAG).

O proxecto, presentado este martes, ten como obxectivo ofrecer unha obra de referencia e utilidade para quen se achegue ás letras galegas, así como abarcar o ámbito universitario e literario da Italia máis galega, da Galicia máis internacional. 

O libro, coeditado polos profesores Gemma Álvarez Maneiro e Giovanni Borriero (CEG de Padua), está prologado polo profesor, investigador e académico da RAG Xesús Alonso Montero e constitúe unha antoloxía en italiano que recolle 50 figuras homenaxeadas no Día das Letras Galegas no período 1963-2011. 

Homenaxe en lingua italiana ás figuras das Letras Galegas
Comentarios