Idol, de Alba Chan e Ene, gaña o Premio de Banda Deseñada Garaxe Hermético

Xerais publicará en primavera o cómic, do que o xurado destacou a "capacidade de conexión" co lectorado adolescente
Alba Chan e Ene, autoras de "Idol" e imaxe do cómic. DP
photo_camera Alba Chan e Ene, autoras de "Idol" e imaxe do cómic. DP

"Idol", de Alba Chan e Ene, vén de alzarse co V Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, que publicará Xerais na próxima primavera.

O xurado, composto por Miguel Porto, Fernando Llor e Kiko da Silva, por parte do Garaxe Hermético, e Anaír Rodríguez e Fran Alonso, en representación de Xerais, salientou a enorme capacidade de conexión que ten "Idol" para empatizar co lectorado adolescente así como para visibilizar os seus gustos, problemas e ansiedades.

O cómic, que toma o título dun programa tipo talent show musical no que participan dúas amigas, que son as protagonistas principais desta proposta, é unha historia xuvenil narrada graficamente desde un estilo achegado ao manga xaponés e no que vibran as ondas do K-pop coreano.

Idol, de Alba Chan y Ene, gana el V Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, que publicará Xerais. EFE
Idol, de Alba Chan e Ene, gaña o V Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, que publicará Xerais. EFE

Ademais da capacidade de conexión do propio tema escollido polas autoras, o xurado destacou o excelente tratamento da cor neste proxecto, moi elaborado, así como a interrelación que se establece entre o tema da música e a ilustración. Finalmente, o xurado tamén destaca a presenza de viñetas en "Idol" nas que a composición dá lugar a imaxes moi gráficas das actuacións musicais das protagonistas, así como dos seus estados de ánimo.

As autoras. Alba Chan e Ene son compañeiras e as gañadoras deste certame que conclúe coa publicación da obra. Por unha parte, Alba Chan reside en Pontevedra e é alumna de 3º Curso Profesional de BD na escola O Garaxe Hermético. No seu traballo apréciase unha marcada influencia manga, sobre todo do manga europeo. Séntese cómoda tanto con técnicas tradicionais coma dixitais. No tradicional utiliza sobre todo rotuladores de alcohol, acrílico e tinta con plumilla.

O seu traballo pode verse na conta de Instagram @apri._.chan Pola súa banda, Ene reside en Pontevedra. Tamén é alumna de 3º Curso Profesional de BD na escola O Garaxe Hermético e na súa obra aprécianse influencias diversas, desde o cómic americano, pasando polo manga, ata o expresionismo alemán máis clásico. A autora mantén a conta de Instagram @enekse.

Comentarios