Jane Joyd: ''Non me gusta pórme etiquetas; á hora de compoñer sae o que sae''

Jane Joyd é o alter ego de Elba Fernández, un singular proxecto musical co que a artista coruñesa gañou o proyecto Demo de Radio 3. Agora prepra as maletas para ir ao FIB.

Pregunta: Cales son as impresións de gañar o certame Proyecto Demo de Radio 3?
Resposta: Non o tomei como unha competición, senón como unha oportunidade de promoción e de presentar aos medios o meu proxecto. Estou moi contenta pola oportunidade e pola boa relación cos outros membros finalistas, que sempre estiveron á altura.


P: Que empuxe cree que terá este preimio na súa carreira?
R: É un concurso a nivel nacional moi coñecido, o impulso a nivel mediático é masivo. O que a nivel profesional poida fichar por unha discográfica ou que te chamen para algun concerto xa depende da sorte de cada un, depende de quen te escoite, quen te coñeza, a onde chegue o teu nome. Resultar gañadora ou non do certame non é tan relevante. Outros anos déronse o caso de outros grupos que quedaron nas semifinais e que agora están profesionalmente.

P: Fálenos das súas influencias musicais...
R: Escoito un pouco de todo, pero sobre todo temas americanos de corte Folk, cantautor... Talvez me sinto influenciada por iso, pero non me quero pór etiquetas; a hora de compoñer sae o que sae.

P: Porque Elba Fernández transformouse en Jane Joyd?
R: Non quixen utilizar o meu nome porque quería darlle a personalidade que ten a música e darlle unha referencia de nome estranxeiro. Por outra parte Elba Fernández é moitas cousas, e Jane Joyd é unha delas. O nome ensí saqueino dunha curtametraxe que circula por internet que se chama Jane Lloyd que trata da vida dunha artista desde que nace ata que morre. Gustoume e utilicei ese nome, só lle cambiei unha letra.

P: Como afronta a súa participación en Benicassim?
R: É algo grande, un festival internacional ao que nunca fun, así que aproveitarei para ver grupos que nunca vin. Tocar alí é un bo escaparate para que te coñezan.

Comentarios