Jaureguizar recibe un dos premios Martín Sarmiento por 'O veleno da risa'

A federación galega de centros católicos concede este galardón que recoñeceu tamén a Agustín Fernández Paz e Paula Carballeira
Santiago Jaureguizar, durante a entrega de premios este venres na Cidade da Cultura
photo_camera Santiago Jaureguizar, durante a entrega de premios este venres na Cidade da Cultura

O escritor ribadense e xornalista de El Progreso Santiago Jaureguizar recibiu este venres o premio Frei Martín Sarmiento de narrativa pola súa novela O veleno da risa, a cuarta entrega da serie xuvenil Tintimán. O acto de en trega dos galardóns, convocados pola Consellería de Educación e a Federación Española de Escolas Católicas en Galicia, desenvolveu se na sala Eisenman da Cidade da Cultura de Santiago.

A obra de Jaureguizar foi a pre ferida polo xurado da súa categoría, integrado polo alumnado dos cursos primeiro e segundo de Educación Secundaria Obrigatoria de entre once e trece anos dos colexios da rede de centros católicos de Galicia. O galardoado asegurou sentirse feliz de que un xurado tan esixente como os lectores adolescentes premiasen un libro da súa autoría.

Ademais desta novela de Jaureguizar, os premios Frei Martín Sarmiento recoñeceron nesta duodécima edición un total de seis obras noutras tantas categorías. Os escolares de primaria de cantáronse por A burra Ramona de Paula Carballeira, mentes que os de terceiro e cuarto da mesma etapa educativa preferiron As aventuras de Enrico Müller, de Xavier Frías Conde.

Así mesmo, no quinto e sexto cursos de primaria a novela máis votada foi Todos os soños , de Xavier Estévez, e entre os mozos e mozas do segundo ciclo de Eso triunfou A neve interminable, do escritor vilalbés Agustín Fernández Paz.

Finalmente, Francisco Castro e o seu Tes ata as dez  foron os elixidos pola comunidade escolar de Bacharelato e adultos.

Comentarios