jueves. 03.12.2020 |
El tiempo
jueves. 03.12.2020
El tiempo

Javier Otero retrata o Proxecto Angola



Esta tarde abría as súas portas no compostelán Museo-Fundación Eugenio Granell a exposición Proxecto Angola do xornalista Javier Otero Rodríguez, que poderá visitarse ata o vindeiro día 15.

Esta mostra fotográfica é froito dunha viaxe de 40 días levada ao cabo polo autor a través da provincia do Bié, no interior de Angola, e dá a coñecer os proxectos que a ONG Rescate Internacional desenvolve no lugar.

A devandita organización traballa a prol dos refuxiados e desprazados, vítimas de conflitos armados e grandes crises medioambientais, políticas e sociais, axudándolles a atopar unha solución duradeira para as súas situacións e facilitando o acceso aos dereitos fundamentais, con especial interese no caso das mulleres e dos nenos. Mantén a súa atención sobre as persoas refuxiadas durante todo o proceso de desprazamento interno, a posible saída do país e, de producirse, tamén no reasentamento noutro país. A súa vez, coopera coa la reconstrución e fortalecemento dos países en vías de desenvolvemento.

Por outra banda e de xeito complementario á mostra, este xoves ás 19:00 h., Otero, delegado de Rescate Internacional en Angola, impartirá unha charla sobre os proxectos que a ONG está a desenvolver na devandito país.

Javier Otero retrata o Proxecto Angola
Comentarios