Jorge Mira: ''Los bilingües tardan cuatro años más en padecer alzhéimer''

Jorge Mira respondeu ás preguntas de Mónica Martínez e José Luis Gómez no programa Sin rodeos, de Localia TV na Coruña.

Pregunta: Experto en fórmulas e números, é tamén un convencido divulgador científico. ¿Ten a ciencia resposta para todo?
Resposta: Para case todo, polo menos para todo o que está ao noso arredor, o que nos afecta máis directamente, agás para esas preguntas fundamentais que ten todo ser humano. Todo ser humano se pregunta de onde vén, pero de onde vén no sentido amplo da palabra, a orixe última de todo… Eu aí penso que a ciencia non ten resposta.

P: O seu afán pola divulgación levouno a escribir o libro A ciencia no punto de mira, no que deixa ver que non é aburrida.
R: Porque sempre busquei un punto pillo das cousas, porque esa pillería é a que máis chama a atención. Especialiceime na anécdota, na anécdota chistosa, na anécdota curiosa e con esa anécdota un aproveita para meterlle á xente o coñecemento.

P: Nese libro descobre que o bilingüismo protexe a saúde, aínda que moitos non o crean.
R: Pois deberían crelo, porque basicamente o cerebro funciona como un músculo, e o músculo precisa dun exercicio. Canto máis variado sexa ese exercicio, mellor vai ir o músculo. E ao cerebro pásalle igual. Cantas máis linguas teña que incorporar e manexar as capacidades dese cerebro van mellorar. Fixemos un experimento e constatouse que a idade de entrada no alzhéimer de persoas bilingües era así como catro anos máis tardía que nas persoas monolingües.

P: Seguindo coa lingua... Tamén concluíron, con números, que o galego sobrevivirá ao castelán.
R: É algo que parece sorprendente, ¿non? Que uns físicos cunhas certas ecuacións poidan describir a dinámica social dun país, pero é así. Cunhas ecuacións puidemos reproducir como era a evolución ao longo do tempo de dúas linguas e o paradigma que había ata aquel momento era que dúas linguas non podían coexistir no mesmo espazo, é dicir, eran como dúas especies, predador e presa, e se acabarían comendo unha á outra. Pero nós demostramos que se se dan certas condicións é posible a coexistencia estable. É posible realmente. Galicia é un bo exemplo de que pode existir.

P: ¿Como está o panorama científico en Galicia e España?
R: Pois está mal, isto é unha obviedade, pero hai que velo nun contexto. España e Galicia empezaron a engalar hai uns 30 anos. En dúas décadas fíxose un adianto espectacular. O problema que hai agora non é de medios, como se cre. É máis de persoal.

P: A través do programa ConCiencia, a USC trouxo a Galicia varios Nobel. ¿Que destacaría deles? ¿Cal o sorprendeu máis?
R: Son xente coma nós. Non teñen ningún tipo de divismo; son persoas cos seus defectos, coas súas manías, persoas próximas. Cando les libros de texto mitificas, pero cando lle ves o óso, o suor, o alento e ves como come os calamares, dis: ''¡Carallo, este é coma min!''.

P: Sempre que pode lévaos á Costa da Morte. ¿Por que?
R: Basicamente porque eu son de alí. Os científicos, cando invitamos alguén do estranxeiro, o que facemos é levalo algún día á nosa casa, hai ese acordo tácito. Vou a Fisterra porque me parece o sitio máis significativo de Galicia despois de Santiago. E quedan encantados da paisaxe natural que hai.

P: Foi vostede un dos invitados ao 70 aniversario de Stephen Hawkings no Trinity Collage de Cambrige, ¿como foi esa experiencia e como se pode pensar en repetir esa experiencia para outros especialistas de Galicia?
R: Foi unha auténtica sorpresa porque era unha cea máis ou menos privada e de España so invitaron a cinco persoas, entón, que me invite a min xa quedei medio a cadros porque sabía o difícil que era. Alí estaba, por exemplo, o actor que fixo de James Bond, estaba o multimillonario Richard Branson, outros millonarios e eu alí no medio.  A min invitoume porque lle gustou cando el veu aquí a Galicia. Eso demostra que él quedou cunha boa impresión de Santiago e de feito a min xa me constaba porque algúns alumnos de Santiago tiveron acceso a programas de élite da Universidade de Cambridge grazas precisamente a ese link. ¿Como repetir iso? Pois como se fan as relacións humanas, contactos. Un aparece nun grupo de xente aínda sen ter ningún plan preconcebido, empeza a falar e enseguida aparecen oportunidades, aparecen ligaduras e as oportunidades aparecen falando. O que ten que facer a xente para crear relacións parecidas é poñerse a falar e facer movimento. É dicir, tes a botella, facela que se mova para que despois a gravilla se vaia decantando dunha maneira o doutra, pero algo vai sair sempre de calquera tipo de movemento.

P: Que pensa vostede da política? E por que pensa que hai tan poucos científicos na política?
R: A política é necesaria, evidentemente, creo que a maioría dos plíticos son xente honesta, en contra da corrente xeral e por que hai poucos científicos na política? Porque os políticos por razóns do propio deseño do sistema necesitan sinalar ‘output’ a curto prazo e a ciencia, como dixen antes, non é algo que sementen e de froito a curto prazo. Entón, a escala do tamaño do periodo político, que son catro anos, non da para tanto. O investimento en ciencia, ao mellor non é tan espectacularmente visible como noutras cousas e sobre todo cando aparecen as urxencias, cando un leva tres anos de mandato e ten que preparar as eleccións a un ano vista pois hai certos investomentos que non poden acometer, entón, eso pode ser a razón.

P: E que sinte cando lle escoita falar aos politicos da I+D+i?
R: Entendo que estéticamente queda ben porque negar que a I+D+i sexa mala non é asumible, entón, haberá unha parte de corrente de inercia pero eles en certo modo ven que iso é bo, que teñen que apoialo pero nalgans momentos penso que o están facendo case como empuxados por alguén… hai que darlle a este porque hai que darlle, a sensación que me queda as veces é esa, que o están facendo forzados. Ademáis, lóxicamente a ciencia non é algo asequible porque a culturización científica non é como a culturización xeral. Un aprende as cinco vocais e as consoantes e xa pode ler pero esa alfabetización clásica non abonda para entender a ciencia, a ciencia require dun segundo nivel de alfabetización que fai como un filtro que fai que esa ciencia non sexa accesible ao común da xente. Esa dificultade no acceso é a que causa moitos problemas, tamén para os políticos que tamén son cidadáns.

P: Ao longo da súa carreira ten recibidos numerosos e prestixiosos premios. Sen embargo parece que a xente o coñece máis polo programa de Cifras e Letras. Moléstalle?
R: En primeiro lugar, un ten que saber no contexto que está. Levo xa máis de doce anos nos medios, na televisión, a metade dese periodo saíndo todos os días nos fogares dos galegos, de feito o luns pasado cumplíanse seis anos de emisión do Cifras e Letras. Entón, esa invasión implica que a xente te coñece porque é o que ve. Non me molesta que me recoñezan por esa parte e incluso que non saiban da outra, agora o que sí me molesta é que as persoas que sabendo desa parte obvian a que aparece na pantalla e sabendo tamén da outra, da parte profesional, que tamén teño a miña visibilidade na miña institución, mesturen unha cousa coa outra facendo valoracións do teu traballo en función da outra faceta. É dicir, xente que ao mellor diga que a miña capacidade científica sexa maior ou menor en función do que eu diga ou do personaxe que eu interprete en tal ou cal programa, eso é o que a min me parece moi mal, eso levoo mal. Afortunadamente hai moi pouca xente que así o fai, pero cando eso ocorre, eu teño como unha especie de indignación porque eu teño que recordar que o meu traballo de científico é valorado por comisións, hai cada vez máis filtros ao acceso da función docente, as esixencias para conseguir proxectos e financiamentos son cada vez máis duras porque hai menos, as revistas científicas teñen un filtro bastante duro para que os artigos pasen, porque hai moita xente, entón, a miña capacidade científica debe ser valorada no contexto dos meus resultados, dos meus galardóns e dos comités que me avalían e das probas que teño que superar e os tramos que teño de excelencia, o que sexa, pero eso ten un mecanismo e a ciencia é obxectivable, afortunadamente, a ciencia pódese medir e o resultado do científico tamén se pode medir. A miña valoración científica debe ser a valoración que fan de min os expertos na materia e os comités deseñados a tal fin e iso non ten nada que ver coa miña faceta de espectáculo, porque eu non vou negar que hai unha sobreinterpretación en certos papeis que eu fago na pantalla, son un personaxe deseñado porque eu quixen facelo así e porque me sae de onde me ten que sair. Entón, eu négome a que esa golfería, as veces un pouco impostada, que eu teño na tele repercuta na miña valoración como científic, négome en redondo.

P: A todos os nosos invitados lles preguntamos polo Dépor. No seu libro resposta a qué terá o fútbol para que nos guste tanto?... Nos preguntamoslle se hai un compromiso científico co fútbol entendido coma unha paixón.
R: Son dunha área de influencia do Deportivo, ata chega a ocupar o equipo de fútbol da miña vila porque o CD Baio ten a equipación coma a do Deportivo, iso fai que a xente estea moi identificada co proxecto deportivista. Dito isto, teño que dicir que eu son bastante antifutboleiro. Co meu irmán fundei en Baio unha asociación deportiva que fomenta outro tipo de deportes fora do fútbol… practiquei taekwondo, natación, bailes de salón… practico moitos deportes menos o fútbol, ainda que meu pai foi vicepresidente do Baio. Eu entendo que canaliza certas pulsións, unha das maneiras que teñen as persoas de liberarse é berrando e se o pensamos é moi difícil berrar hoxe en día. Se eu quero meter un berro liberador non podo, aquí non podo porque me botades fora, na miña casa non podo porque baixa miña nai a ver que me pasou, no piso non porque virá o veciño, na rúa tampouco, no monte tampouco porque se vas resulta que está un veciño alí e pensa “este chaval está tolo”, entón o único sitio, sorprendentemente, onde un pode meter un alarido liberador é no fútbol. A función social que se cumpre no fútbol é moi importante, estou seguro de que moita conflictividade doméstica e social se canaliza no fútbol e no caso da Coruña ademáis hai un proxecto de cidade, evidentemente na que haberá estudios de impacto económico do que supón o Deportivo da Coruña para a cidade, pero eu tamén son dos que pensa que o gasto do fútbol español debería ser sometido a debate, sobre todo as grandes entidades, porque as cantidades de cartos que se deben a Facenda pública son de tal magnitude que para min é un desfalco monumental e  unha colosal mentira e algún día alguén terá que dicir o que nos custa o fútbol aos españois e se nos compensa o psiquiatra, senón valía a pena darlle os cartos ao psiquiatra ara que nos atenda a todos en vez de ir ao fútbol.

P: Unha das suas cualidades é ser capaz de facernos explicar a ciencia dun xeito sinxelo, para que o entendamos todos. Expliquenos daquela por qué non se vai acabar o mundo en 2012.
R: Esa lenda ven dun cilco do sol. O sol é unha bola que se infla e desinfla cada once anos, entón o ciclo no que se infla empeza a cuspir moita radiación, de feito mete ese tipo de peido solar e bloquea todo, de feito pode cortar as comunicacións. Ese ciclo solar está integrado na cultura maya, por exemplo, que foi a que fixo a predicción do 2012. Pode causar algún problema, pero desde logo non imos morrer diso. O mundo pódese acabar no 2012, pero desde logo que polo sol no 2012 non vai ser.

Comentarios