sábado. 04.07.2020 |
El tiempo
sábado. 04.07.2020
El tiempo

Luar na Lubre publicará o 26 de xuño 'Vieiros e Vieiras. Historias de peregrinos'

Luar na Lubre, en concerto. SEBAS SENANDE
Luar na Lubre, en concerto. SEBAS SENANDE
Trátase do decimonoveno traballo do grupo galego

O grupo galego Luar na Lubre publicará o próximo 26 de xuño o seu novo traballo Vieiras e Vieiros. Historias de peregrinos, o decimonoveno álbum da banda, dedicado ás pegadas das persoas que percorren as rutas xacobeas.

O disco explora os escritos, lendas e sonoridades que os peregrinos deixaron polos carreiros do Camiño de Santiago, como fío condutor dun relato que transcorre a través de diferentes épocas e voces.

Coincidindo co confinamento polo coronavirus, o grupo publicou dous adiantos: Benvido, un canto de recepción e presentación a estes peregrinos que chegan a Galicia; e Mártiros e o vákner, relatará a lenda sobre a peregrinación do armenio Mártiros e o seu encontro cunha besta maligna nos montes de Dumbría.

Doutra banda, o Pazo da Cultura de Pontevedra celebrará a "volta á normalidade" cun concerto na súa chaira, o vindeiro sábado 4 de xullo ás 20,00 horas, da man de Guadi Galego e Xabier Diaz e Adufeiras de Salitre.

Luar na Lubre publicará o 26 de xuño 'Vieiros e Vieiras. Historias...
Comentarios