martes. 14.07.2020 |
El tiempo
martes. 14.07.2020
El tiempo

Más de 25.000 niños participaron de la iniciativa 'Os contos do Camiño'

A iniciativa 'Os Contos do Camiño' celebrará o mércores o seu acto de clausura en Santiago con contos, música e imaxes. Desde o seu inicio a primeiros de ano, son máis de 25.000 os nenos de España, Portugal e Francia que participaron neste proxecto, único galego seleccionado en 2009 no Programa Cultura da Unión Europea, e que ten como obxectivo difundir entre os escolares o patrimonio inmaterial e artístico das diferentes rutas xacobeas, a través de contos de tradición oral e obradoiros creativos.

A biblioteca pública Ánxel Casal e o Centro Galego de Arte Contemporánea acolleron, durante o pasado mes de maio e a primeira semana de xuño, as actividades desta iniciativa, nas que participaron máis de 2.500 escolares composteláns. Con anterioridade, este proxecto percorreu as localidades de Bordeaux (Francia) e Évora (Portugal), no mes de xaneiro; para no mes de marzo chegar a Óbidos, Beja e Pombal (Portugal), e en abril a Madrid.

O proxecto continuará no Museo do Pobo Galego, onde se fará unha exposición en setembro coa selección das creacións artísticas dos máis de 25.000 escolares participantes nos obradoiros de todas estas cidades.

'Os Contos do Camiño' está dirixido a escolares de educación infantil e primaria, nos que se pretende espertar e alimentar a curiosidade por viaxar, coñecer outras culturas e achegarse aos contos e á tradición oral do patrimonio cultural e artístico europeo. Por iso, as actividades inciden na ruta xacobea como o principal e primeiro itinerario cultural que atravesa Europa e que congrega persoas de distintas orixes, razas e países.

Más de 25.000 niños participaron de la iniciativa 'Os contos do...
Comentarios