viernes. 30.07.2021 |
El tiempo
viernes. 30.07.2021
El tiempo

Manuel Jabois asinará exemplares de 'Miss Marte' en Cronopios

Manuel Jabois. GONZALO GARCÍA
Manuel Jabois. GONZALO GARCÍA
O escritor e xornalista estará o sábado ao mediodía na librería pontevedresa

O escritor e xornalista Manuel Jabois estará asinando exemplares da súa última novela, Miss Marte (Alfaguara, 2021), este sábado, a partir das 12.00 horas, na librería Cronopios de Pontevedra. É o primeiro acto de sinatura de libros en Galicia do autor, que ata o momento só os protagonizara en Madrid.

Gañador do Premio Julio Camba de Xornalismo, Jabois vén de publicar a súa terceira novela, tras A estación violenta e Malaherba. Miss Marte está ambientada na Costa da Morte e está narrada en dous tempos a partir da chegada a unha vila mariñeira dunha xornalista que realiza un documental sobre un suceso acontecido no lugar anos antes.

O autor, que actualmente traballa no xornal El País, é autor doutros catro títulos: a recompilación de columnas Irse a Madrid; as memorias futbolísticas como seareiro do Real Madrid Grupo salvaje; a crónica da súa paternidade, Manu, e o traballo de investigación Nos vemos en esta vida o en la otra, centrada en Gabriel Montoya Vidal, o único menor implicado nos atentados do 11M.

Manuel Jabois asinará exemplares de 'Miss Marte' en Cronopios
Comentarios
ç