Manuel Jabois falará de 'Mirafiori' o 4 de novembro

O autor conversará sobre a súa nova novela coa xornalista Susana Pedreira nun acto aberto ao público
O escritor e xornalista Manuel Jabois. DAVID FREIRE
photo_camera O escritor e xornalista Manuel Jabois. DAVID FREIRE

O escritor e xornalista Manuel Jabois falará da súa última novela, Mirafiori (Alfaguara, 2023) o sábado 4 de novembro (12.00 horas, entrada libre) no Museo de Pontevedra. O autor estará acompañado pola tamén xornalista Susana Pedreira.

Mirafiori é a novela coa que Jabois pecha a triloxía M, que abriu con Malaherba (Alfaguara, 2019) e continuou con Miss Marte (Alfaguara, 2021). Os tres libros comparten escenarios, perfís de personaxes e xeito de narrar, configurando en conxunto un universo literario particular moi marcado pola identidade real do autor. Non comparten entre si entramados narrativos. Mirafiori chegou ás librerías o pasado 5 de outubro.

"Eu nunca tiven unha relación longa. Sen embargo, dende a miña primeira moza, sempre pensei que sería para toda a vida", explicaba o autor, nunha entrevista publicada en Diario de Pontevedra, sobre a historia de amor que narra na novela. "Aquí temos unha relación amorosa que comeza con  anos e se prolonga durante outros . Quería meterme na pel de alguén que vive iso".

Jabois comezou a súa carreira no Diario de Pontevedra en 1998, onde traballou ata 2013. Estivo dous anos en El Mundo antes de fichar por El País, onde asina dende 2015. Tamén é colaborador da Cadena Ser

O seu debut literario tivo lugar coa A estación violenta (Rinoceronte, 2006). Dende entón ten publicado catro novelas e cinco títulos de non ficción. Como columnista ten gañado, entre outros, os premios Julio Camba e Mariano de Cavia. 

Comentarios