Manuel Olveira: ''Nunca hubo tanto apoyo para los artistas gallegos''

O director do CGAC, Manuel Olveira (Foto: AGN)
photo_camera O director do CGAC, Manuel Olveira (Foto: AGN)

Manuel Olveira é licenciado en Historia da Arte e Belas Artes e leva tres anos dirixindo o Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC). Olveira partipou hoxe en calidade de axente cultural no I Congreso Internacional 'Lugares da Cultura'.

Pregunta: Como influíu o CGAC no desenvolvemento económico de Galicia?

Respuesta: Bueno, non é que non existira arte antes de que aparecese o CGAC, o que pasa e que o coñecemento da arte que a cidadanía ten é moito máis democrático e accesible no momento no que existe un lugar a donde poder ir a ver arte.

Antes de que existira o CGAC, había algúns exemplos de actividades autoorganizadas por artistas, como as exposicións na praza da Princesa de Vigo, por exemplo, pero obviamente non había ese lugar profesionalmente aceptado como é o museo. E tampouco existía a facultade de Belas Artes. Foron infraestructuras que naceron para responder a esas necesidades e a rentabilidade destes anos de traballo empezase a ver en que as persoas están acostumadas a ver arte, cousa que ao mellor antes non había.

O propio CGAC como edificio no momento en que foi inaugurado foi un pequeno escándalo, había moitas persoas que rexeitaban a linguaxe contemporánea e formal do propio edificio . Hoxe en día é algo que está absolutamente aceptado pola cidadanía. O mesmo ocurre coa arte, algunhas esposicións que sorprenderon cando saíron. Hoxe en día, xa non sorprenden e forman parte do imaxinario visual da cidadanía.

É innegable que por un lado os museos sirven como centros dinamizadores de certas partes da cidade e o museo ou exposición determina que os turistas viaxen para coñecer ese lugar.

Cidade da cultura
P: A Cidade da Cultura consolidará a Galicia como un destino cultural?

R: Todo proxecto cultural depende de factores moi amplios como dos contidos, do continente, que tipo de edifico ten, depende do lugar, do fácil que sexa chegar a ese lugar...

A cidade da cultura ten puntos moi fortes xa que Santiago ten unha tradición de acoller a peregrinos, é unha cidade coñecida a nivel mundial gracias a unha catedral, unha historia... e creo que un lugar a nivel arquitectónico impresionante. Creo que eses son factores que favorecen o éxito do proxecto en canto á cultura. Pero logo tamén hai que ter en conta o fácil ou difícil que sexa chegar a Santiago.

P:
Que potencialidades lle atopa á Cidade da Cultura como un proxecto que busca a creación e a conservación da cultura?

R: A cidade da cultura ten varios edificios, inclúe unha biblioteca, unha museo, un teatro... ten unha gama amplia de posibilidades culturais. Ten moito espazo, o que quere dicir que poderá facer exposicións de moi alto nivel e moi variadas ou poderá facer coexistir no tempo exposicións, conferencias... e eu creo que todo iso servirá para conservar, estudar e difundir a memoria e a tradición , pero penso que tamén debe ter o aspecto de entroncar directamente coa arte e a cultura hoxe en día e ser quen de producir cultura.

Eu estou seguro de que un proxecto dunha envergadura como esa non tería sentido se non se imbricara na necesidade que teñen os artistas de hoxe na producción de obras e na dinamización cultural.

Iniciativas do Eixo Atlántico
P: Cales son as principais iniciativas en materia cultural que podemos observar nas rexións do Eixo Atlántico e como inflúe no desenvolvemento de ambas rexións?

R:
O Eixo Atlántico é un exemplo de proxecto que interesaba porque era capaz de traballar con varias cidades, con varios tempos, creando situacións moi concretas nas que extender os distintos aspectos culturais entre o tecido social.

O Eixo Atlántico é unha unidade histórica clara, temos unha historia vencellada, temos unha lingua moi parecida, temos costumes parecidas e unha historia política que nos separa. Non obstante hai un movementos constante de portugueses que veñen a Galicia e viceversa e que participan de moitos aspectos culturais, gastronómicos... Hay moitos portugueses que veñen a ver exposición ao CGAC, entre outras cousas porque no CGAC temos unha colección contemporáneo portugués moi boa e na nosa programación hai bastante presencia protuguesa.

Polo tanto, é normal que haxa tamén ese interese mutuo. Por exemplo, hai moita xente que vai a Porto por temas de música, pero tamén hai moitos portugueses que veñen a Vigo polo tema da música electrónica. Hai moito movemento, pero o que non hai é unha marca identificadora dese movemento que lle dea como unha carta de presenza pública. Pero o feito de que non teña nome ou que a denominación Eixo Atlántico non funcione como marca non quere dicir que non exista. Obviamente todo isto ten unha activación económica clara.

Novos valores
P: Os artistas galegos teñen dificultades para dar a coñecer o seu traballo desde Galicia?

R: Hai pouco apoio, pero nunca houbo tanto. Hai pouco porque en cultura sempre nos parece pouco o que facemos porque algo que define a cultura é, precisamente, esa insatisfacción que nos move a querer ir sempre cara adiante e a facer máis cousas. Polo tanto, eu sempre direi que os recursos que hai para a difusión e o coñecemento da cultura en Galicia sempre son poucos. Creo que hoxe en día os artistas teñen moitas oportunidades de formación e plataformas de difusión do seu traballo. Para un artista que queira traballar hoxe en día a nivel galego o pode ter fácil, pero a nivel mundial xa é máis complicado porque a competitividade é moi alta, pero traballar a nivel mundial desde Galicia é posible.

P: Buscades darlle un impulso a estes artistas a través do museo?

R: Nos traballamos co contexto, no sentido de xerar un contexto que faga entendible o que ti estás facendo. Iso implica traballar con contidos, con artistas... traballamos co arte galego en diálogo co arte doutros lugares. Lugares que ás veces non son moi cercanos, por exemplo no CGAC temos unha moi boa colección de arte contemporáneo latinoamericano, porque temos lazos históricos clarísimos.

Como vivimos nun mundo globalizado, temos que participar nos debates que se están dando a nivel mundial. Pero traballar co contexto, implica que nós tamén temos un compromiso cos artistas galegos. Nós inauguramos o 4 de febreiro unha exposición de María Ruído nun dos museos máis importantes de México e o 12 de novembro inauguraremos unha exposición da colección CGAC no museo de arte de Sao Paulo. Son dous exemplos de cómo o CGAC está a traspasa as fronteiras de Galicia.

P: Ata agora que impresión recolle deste congreso?

R: En Galicia somos bastante individualistas e creo que un dos problemas é que non nos comunicamos tanto, e ás veces tamén temos conciencia de ser pequenos. Eu creo que hoxe vimos un proxecto moi grande, con debates nos que se participa a nivel mundial, e sobre todo sentindo orgullo do que somos e do que lle podemos ofrecer ao mundo.

Comentarios