Manuel Rivas e Juan Carlos Mestre virán a PontePoética 2018

O ciclo de poesía, que coordina Yolanda Castaño, pon o acento no xénero coa presenza de María Xosé Queizán, Itxaro Borda e Elías Portela

Manuel Rivas. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Manuel Rivas. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Os dous Premios Nacionais Manuel Rivas (de Narrativa) e Juan Carlos Mestre (de Poesía) participarán na oitava edición de PontePoética, festival de poesía en Pontevedra que coordina Yolanda Castaño. Segundo anunciou a poeta, durante a presentación do ciclo, este ano ponse o acento no xénero convidando a autores como Elías Portela (autor de Cangas convertido nunha das voces máis representativas das letras islandesas), María Xosé Queizán ("a autora máis importante do feminismo en Galicia") e a vasca Itxaro Borda. 

PontePoética, que se celebrará, co Teatro Principal como sede central, entre o 20 e o 22 de abril e que inclúe recitais, obradoiros e actividades lúdicas, completa o seu cartel coa portuguesa Filipa Leal, a catalá Dolors Miquel, o irlandés Keith Payne (responsable da tradución do libro Six Galician Poets), a francesa Aurélia Lassaque (autora en occitano) e a galega Miriam Ferradáns. 

As persoas interesadas en inscribirse nos obradoiros de Rivas e Mestre, que son de balde como o resto das propostas, deben inscribirse o correo [email protected].

Comentarios