Manuel Rivas ingresa en la Real Academia Galega

O xornalista e escritor Manuel Rivas Barrós ingresará este sábado na Real Academia Galega, nun acto que está previsto que se celebre ás doce da mañá, no Paraninfo da Universidade da Coruña.

Rivas lerá un discurso de ingreso titulado 'A boca da literatura (Memoria, ecoloxía e lingua)', que será contestado en nome da RAG polo académico numerario don Xosé Luís Axeitos Agrelo. Desta forma, pasará a ocupar a vacante que se produciu tras o falecemento do académico numerario Camilo Gonzalez Suárez-Llanos.

Manuel Rivas Barrós,natural do barrio coruñés de Montealto, estudou Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid. Diferentes xornais de Galicia contaron coa súa colaboración, é o caso de El Ideal Gallego, La Voz de Galicia ou o semanario A Nosa Terra, ademais tamén foi cofundador e director da revista cultural Luzes de Galicia.

Rivas, como literato, abarca todos o xéneros e ostenta numerosos premios. Entre as súas obras atópanse títulos como O lapis do carpinteiro ou Os libros arden mal en novela; Libro do entroido ou Mohicania en poesía; Que me queres amor ou Un millón de vacas en relato; así como O heroe no teatro. Rivas tampouco se esqueceu dos nenos coa súa obra Todo ben, bala perdida.

Comentarios