Manuel Rivas, premio Ostana de escritura en lingua materna

Este premio está organizado pola comuna-concello de Ostana, no italiano Val do Po

Manuel Rivas. LUCA PIERGIOVANNI (EFE)
photo_camera Manuel Rivas. LUCA PIERGIOVANNI (EFE)

O escritor galego Manuel Rivas foi distinguido co Premio internacional de escritura en lingua materna de Ostana na súa edición de 2019, informou Edicións Xerais.

Este premio está organizado pola comuna-concello de Ostana, no Val do Po (Italia), e a Asociación Cultural Chambra d'Óc.

Este galardón naceu en 2008 coa intención de valorar aos creadores que escriben as súas obras en linguas de pequenos territorios e minoritarias no mundo.

Comentarios