O mar faise coas rúas na primeira xornada de Itineranta

As compañías Asaco Producciones, Yera Teatro e Remue Menage inauguran o festival de espectáculos na cidade

Imágenes de una de las representaciones que acogió Pontevedra. RAFA FARIÑA
photo_camera Imágenes de una de las representaciones que acogió Pontevedra. RAFA FARIÑA

UN FEIXE de criaturas das profundidades do mar tomaron este martes as rúas de Pontevedra nun espectáculo de luz e son. Cabaliños do demo ao son de tambores, medusas iluminadas con luces brancas, zancudos chegados do interior dos océanos e peixes coas formas máis extrañas deslumbraron aos pontevedreses que se achegaron a ver os primeiros espectáculos do festival Itineranta, que se celebra estes días na cidade.

O número protagonizado pola compañía francesa Remue Menage inauguran o festival de espectáculos na cidade, chamado Abysses, foi só un dos tres shows que acolleron as rúas de Pontevedra durante a tardiña do martes. Os franceses fixeron unha parada en Pontevedra para amosar un universo máxico no que combinan a música, o baile e as artes circenses como os malabares ou os zancos.

Deste xeito, na xornada do martes amosaron tamén os seus espectáculos os artistas de Asaco Producciones, de Mérida. A compañía ofreceu Tanque Gurugú, un número cheo de cor no que a interacción co público foi fundamental. Neste sentido, o espectáculo centrouse no público infantil e sacou a pasear polas rúas un tanque cheo de cor que repartía amor alí por onde pasaba. Así, os dous protagonistas do espectáculo eran un pallaso yogui que repetía mantras tibetanos e un tenente preocupado por que ninguén atravesase as fronteiras delimitadas polas barreiras de seguridade que recordaba ao Gran Ditador de Charles Chaplin. Así, no número infantil houbo oco tamén para a sátira. O espectáculo rematou cunha gran festa tras a eliminación das fronteiras e a creación dun espazo onde se impuxo o amor e a liberdade.

Por outra parte, a compañía Yera Teatro, de Granada, trouxo ata Pontevedra a un grupo de personaxes a bordo dun antigo zeppelin que intentaron amosar as habilidades que aprenderon nas súas viaxes arredor do planeta. No espectáculo, chamado Nómadas, mesturábanse disciplinas como a danza, as acrobacias ou os malabares.

A compañía volverá actuar este mércores co seu pasarrúas umImagen de una de las representaciones que acogió Pontevedra. RAFA FARIÑAen. Así, un grupo de figuras xigantes con forma humana iluminarán a cidade coas súas siluetas de luces de cores a partir das 21.45 horas desde a Praza de España ata Curros Enríquez, pasando pola Praza da Peregrina. Ademais, tamén na xornada do mércores, amosarán o seu espectáculo Scura Splats, un grupo de Castellón que recreará unha selva nas rúas da cidade (ás 20.00 horas dende a Praza de España).

Por outra parte, Troula, de Vigo, amosará o seu número Psycodelia a partir das 20.30 horas dende a Praza do Teucro. A xornada deste mércores tamén contará coa presenza de Discípulos de Morales, de Badalona, que imitarán ao personaxe de novela Frankenstein co seu espectáculo Pakostein. A partir das 21.15 horas dende a Praza de Méndez Núñez.

A FESTA. Ao longo dos tres días de festival, que rematará o xoves cun espectáculo de lume na Praza da Ferraría, representaranse once números orixinais de nove compañías de toda a Península —e mesmo do estranxeiro nunha programación preparada por Troula, que tamén participará amosando o seu show. Así, na xornada deste xoves volverá haber pasarrúas a cargo de Inventi Teatro, Forani Teatre, Bambolea e Scura Splats. Os artistas desta última compañía, chegada dende Castellón, serán os encargados da traca final, con lume e pirotecnia na Ferraría.

O obxectivo é ofrecer ao público espectáculos interactivos nos que a participación da xente da rúa é un piar básico. Esta é a novena edición dun festival xa consolidado que funciona como preámbulo ás Festas da Peregrina.

Comentarios