viernes. 04.12.2020 |
El tiempo
viernes. 04.12.2020
El tiempo

María Victoria Moreno terá o seu roteiro en Pontevedra

Alberto Oubiña co cartel do Ano María Victoria Moreno. DAVID FREIRE
Alberto Oubiña co cartel do Ano María Victoria Moreno. DAVID FREIRE

O Concello estreará un documental na honra da autora o 26 de abril no Principal

Bota a andar o Ano María Victoria Moreno en Pontevedra. Faino co Concello poñendo en marcha un roteiro pola cidade na súa honra e anunciando que encargou un documental sobre a autora homenaxeada o vindeiro Día das Letras Galegas, que se estreará o 26 de abril no Teatro Principal.

O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, foi o encargado de presentar, este martes, o que será o Ano María Victoria Moreno en Pontevedra. Segundo dixo, trátase de homenaxear a esta "pontevedresa de corazón e galega por amor". Ao mesmo tempo anunciou que o Concello "se abre a todo tipo de colaboracións con empresas e institucións" que queiran sumarse ás actividades na honra da escritora.

Polo momento, a dita programación bota a andar hoxe cun acto académico no IES Torrente Ballester. A esta proposta, Oubiña engadiu outras dúas: o roteiro e o documental.

Foron a profesora Ana Acuña e a escritora, mestra, académica e amiga persoal de María Victoria Moreno, Fina Casalderrey, as encargadas de deseñar unha camiñada por Pontevedra na honra da autora. "A homenaxeada nas Letras Galegas únese, desta maneira, aos persoeiros que contan cun roteiro propio en Pontevedra: Castelao, Xoán Manuel Pintos e o Padre Sarmiento". O concelleiro tamén avanzou que esta nova ruta guiada sae do ámbito do centro histórico. "Comeza na ponte da avenida de Vigo e transcorre, por exemplo, polo barrio de Campolongo".

O primeiro roteiro María Victoria Moreno terá lugar o venres 6 de abril, ás 19.30 horas, e está aberto a todo o que queira inscribirse (normalizacionlingü[email protected]).

Ademais, o Concello encargoulle un documental sobre a autora a varias empresas da rede 'Pontevedra ten un Puntazo', "que inclúe entrevistas e imaxes inéditas". Unha vez estreado no Principal, porase a disposición de todas as entidades que o soliciten.

"Con este Ano petendemos, por unha banda, vincular aínda máis o nome de María Victoria Moreno á cidade", explicou o concelleiro. "En segundo lugar, resaltar a importancia que a lingua galega tivo na súa vida, tanto no ámbito da escrita como a nivel persoal. E, en terceiro, destacar o seu sentimento como galega". Segundo contou Oubiña, isto último é algo que se pon de manifesto no propio cartel do Ano, "no que se ve o xiz que a vincula cunha das súas paixóns, a ensinanza, e a cor azul, que remite á bandeira galega".

María Victoria Moreno terá o seu roteiro en Pontevedra
Comentarios