Mario César: ''Zënzar' lleva 25 años en activo y es la esencia do rock galego alternativo''

Mario César –retratado arriba por Pixelín–, do grupo Invivo, xunto a Vituco Neira, de Ruxe Ruxe, foron os principais promotores de Vai polos padriños. Tributo aos 25 anos de Zënzar.

P ¿Como xurdiu a iniciativa?
R
A finais de 2011, despois dun concerto de Zënzar na despedida da sala Badulake, que levaba Mario. El díxonos que en 2013 a banda faría 25 anos. Nese intre xurdiu a idea de facer un disco tributo ás costas de Zënzar. Despois falamos con Vituco, démoslle outro impulso á cousa e chegamos a máis bandas.

P ¿Que grupos participan?
R
Machina, Desequilibrio Mental, Ruxe Ruxe, Nao, Raiba, Invivo, K-Raxe... Un elenco de bandas de diferentes estilos. Incluso Dios Ke Te Crew fan unha versión de A tribo moi interesante.

P ¿Cando sairá á venda?
R
Non será ata a presentación oficial, o 8 de marzo na sala Capitol de Santiago. Regalaremos un CD con cada entrada. Actuarán Zënzar, Invivo e Machina; estes últimos representan a remuda xeracional, xa que tamén son de Cerceda e en parte familia dos homenaxeados.

P Un proxecto que nace sen ánimo de lucro...
R
Despois do concerto, Vituco e mais eu pasarémoslle a xestión dos discos a Zënzar. Os cartos das entradas cubrirán os gastos de edición e o que sobre irá para algunha ONG.

P ¿Que representa ‘Zënzar’ para o rock galego?
R
A principios dos 90 non era fácil ver bandas cantando en galego, quitando grupos con maior impulso comercial como Os Resentidos ou Os Diplomáticos. Zënzar fixo música sen chegar ás grandes masas e tocando en locais pequenos. Sobre todo, representan a esencia do rock independente galego porque seguen en activo.

Comentarios