Sábado. 22.09.2018 |
El tiempo
Sábado. 22.09.2018
El tiempo

'Matria', do galego Álvaro Gago, elixida a mellor curta do Festival Ibérico de Cinema

Francisca Iglesias interpreta a Ramona. EP
Francisca Iglesias interpreta a Ramona. EP

Francisca Iglesias fíxose co Premio AISGE á Mellor Interpretación Feminina

O Premio Onofre á Mellor Curtametraxe no 24º Festival Ibérico de Cinema (FIC), dotado con 3.000 euros, recaeu sobre Matria, a historia de Álvaro Gago que retrata a rutina de Ramona, unha traballadora galega dunha conserveira. 

O certame clausurouse a noite deste sábado, 21 de xullo, coa entrega dos Premios Onofre nunha cerimonia celebrada na terraza do teatro López de Ayala de Badaxoz. 

Matria, que conseguiu este ano o Gran Premio do Xurado do Festival de Sundance de cinema independente de EE UU e outros galardóns como o da Seminci, narra a vida de Ramona, unha muller sacrificada e abnegada que traballa nunha conserveira cunha xefa tirana. A protagonista vive cun marido co que apenas se comunica, polo que trata de refuxiarse na relación que a une á súa filla e á súa neta. 

A obra do galego Álvaro Gago está protagonizada por Francisca Iglesias, á que o xurado do 24º Festival Ibérico de Cinema lle otorgou o Premio AISGE á Mellor Interpretación Feminina. 

Francisca é unha muller galega cunha vida moi similar á de Ramona e que sen ser actriz conseguiu xa outros premios noutros festivais (Alcalá e Aguilar de Campoo). O personaxe de Ramona está baseado na coidadora do avó do director, con quen pasou moitos anos. 

'Matria', do galego Álvaro Gago, elixida a mellor curta do Festival...
Comentarios