Migallas abre a escola Artexoga

Tras 22 anos á fronte de A procura do tesouro, a compañía de teatro pon en marcha pola súa conta unha serie de obradoiros de expresión dramática, plástica e musical en Monte Porreiro

María Campos nunha actividade con cativada. MIGALLAS
photo_camera María Campos nunha actividade coa cativada. MIGALLAS

A compañía de teatro Migallas vén de anunciar que abrirá en outubro "unha escola de arte e xogos" no barrio de Monte Porreiro. Chámase Artexoga e "ten como fin promover a expresión dramática, plástica e musical e a práctica dos xogos tradicionais entre a infancia, creando un espazo de socialización en galego", explica a compañía de María Campos e Carlos Yus.

Migallas inicia así unha nova etapa nos seus obradoiros infantís. O grupo xestionou durante 22 anos os talleres de expresión dramática plástica e musical Á procura do tesouro, que organizaba o Concello de Pontevedra. Tras a pandemia, un cambio de localización das actividades que lle esixiu a Concellería de Cultura acabou nun desencontro coa compañía e coa fin desas actividades municipais. Segundo Migallas, dende que se iniciaran en 1999, por elas pasaran máis de 3.000 nenos e nenas de entre 4 e 16 anos.

A posta en marcha da escola Artexoga en Monte Porreiro dálle continuidade a aquela iniciativa, desta volta cunha xestión directa por parte do grupo de teatro.

A información completa sobre os horarios, os prezos (20 euros ao mes) e as inscricións pode consultarse na web de Migallas.

Comentarios