Miguel del Río, de Mr. River

"Ilusionados por tocar en Pontevedra, a cidade que nos viu nacer"

Miguel del Río, guitarrista e compositor da banda pontevedresa Mr. River, fala sobre a súa pasión polo Jazz con motivo do Festival Internacional de Jazz e Blues da Boa Vila
Miguel del Río (izquierda), en una imagen promocional. MR. RIVER
photo_camera Miguel del Río (izquierda), en una imagen promocional. MR. RIVER

Mr. River será o grupo encargado de dar comezo na Praza do Teucro á XXVII Edición do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra ás 22.30 horas. Coma todos os anos, os concertos estarán repartidos pola zona monumental da Boa Vila e mesturarán o plano internacional con músicos galegos, do mesmo xeito que o fan en Mr. River.

O conxunto está composto por Santiago Marsan (baixo), Marcos Corbacho (batería) e Miguel del Río, do que toma o nome. Ademais no Festival contarán con Adrián Solla como teclista.

Cando nace a súa paixón polo Jazz e o Rock?
Intereseime dende moi rapaz. Comecei a estudar música dende os oito anos por influencia dun veciño que tiña ao lado da casa dos meus pais en San Adrián de Cobres. Dende aí empecei a estudar música moderna, despois fixen a carreira de guitarra clásica, é dicir, obtiven o Título Superior de Guitarra Clásica. Sempre alternando a guitarra clásica coa música moderna. Agora mesmo estou máis centrado na música moderna.

Por que decidiu non ter voz no grupo?
Porque a maneira de concebir a música, para mín, sempre foi dunha maneira instrumental. As miñas referencias musicais como Patt Metheny, Jaco Pastorius, Jhon Scofield, todas son música instrumental como é a música Jazz. A mín gústame a música con voz pero para tocar gústame este tipo de música.

Na canle de YouTube ten tamén outro tipo de vídeos ademáis das cancións como covers e backing tracks. É youtuber de guitarra?
Sí porque eu teño a miña labor pedagóxica. Son profesor de Improvisación e Guitarra Clásica no Conservatorio de Ponteareas. Entón aproveito (risas) os adiantos para as backing tracks e covers que están moi de moda. Alterno a miña labor pedagóxica coa miña labor artística.

Que me pode dicir sobre os temas que tocarán no concerto?
A verdade é que estamos muy ilusionados porque vamos a tocar no festival de Jazz. Para nós é unha referencia moi importante e na cidade que nos veu nacer. O grupo se forma aquí en Pontevedra. Imos tocar todos os temas do noso primeiro LP, temas cunhas influencias de moitos tipos de música, de moitos artistas e de vivencias persoais. Como anécdota da canción Octopussy in the galician style. Saiu dunha viaxe que fixen eu a Maiorca. No menú do restaurante poñía así Octopussy in the galician style, funlle preguntar que era e dixéronme "pulpo a la gallega". De ahí saiu ese tema, que mistura a música tradicional galega coa música moderna, rock e blues. Os temas son influencia de música e de músicos pero moitos son vivencias persoais.

Cantos anos leva compoñendo?
Levo compoñendo moitos anos pero o tema de compoñer é despois poder plasmalo, eu teño temas tamén máis clásicos para outro tipo de formacións pero para ter a oportunidade de sacar algo adiante tes que contar con xente que o permita. Neste caso eu conto con Santi e con Marcos e por iso podemos sacar o proxecto adiante. Empezamos a xuntarnos e facer os primeiros ensaios en 2017, e en 2018 xa nos chamaron para o Festival Internacional de Jazz de Armenteira. O ano pasado fixemos dous, o de Ponteareas e o de Armenteira.

E que tal?
Moi ben, a verdade que a acollida no público foi moi boa, lles gusta moito.

Que outros concertos teñen programados?
Aínda temos cousas pendentes de confirmar. Cara outono temos xa programados concertos na Sala Bazaar en Pontevedra, na Sala Contrabajo en Vigo e en Salason en Cangas do Morrazo.

Programación
O festival dará comezo este mesmo martes e se prolongará ata o domingo. Contará con escenarios nas Rúas de Alfonso XIII e San Sebastián e na Praza Méndez Nuñez e unha Street Band que se turnarán de 12 a 24 horas.

Os artistas máis relevantes tocarán cada noite ás 22.30 h e son: Na Praza do Teucro Mr. River e Álvaro del Valle Quartet. Na Praza da Ferraría, Joey DeFrancesco Trío, Judith Hill, José James e Gabriel Peso Trío.

A entrada, coma sempre, será de balde.

Comentarios