O actor Ernesto Chao faleceu este luns aos 74 anos de idade logo de loitar nos últimos meses contra unha longa enfermidade.
O pasamento de quen dera vida ao mítico Miro Pereira, de Pratos Combinados, entre outros moitos papeis na televisión, no cine e no teatro, tingue de loito ao sector da interpretación en Galicia, do que foi un dos maiores estandartes nas últimas décadas.
Un dos seus últimos papeis deixouno na aclamada Fariña, na que deu vida a Gerardo Fernández Albor, quen fora presidente da Xunta nos oitenta.
As mensaxes de dor pola triste nova, e tamén de lembraza ao actor nado en Ribadavia e finado en Santiago, non tardaron en propagarse polas redes sociais. O corpo do actor será velado no tanatorio compostelán de Boisaca.
Comunicado: A AAAG lamenta o falecemento de Ernesto Chao, pioneiro da nosa escena e gran referente querido pola profesión e o público. Todo o noso agarimo para a familia, para o público, para toda a nosa profesión.https://t.co/siakPyOBb1 pic.twitter.com/YpKdMao21u
— AAAG (@TuitsDaAAAG) 6 de agosto de 2018
Morreu Ernesto Chao. Un grande. Actor excepcional e home comprometido. Debemos lembrar tamén que deu voz a @QueremosGalego nos tempos de agresividade máis frontal contra o noso idioma, cando había xente que prefería non aparecer por medo ás consecuencias.
— Carlos Callón (@carloscallon) 6 de agosto de 2018
Descanse en paz. pic.twitter.com/XOY5C0v7Z4
O corazón desgarrado, acaba de marchar o meu amigo Ernesto Chao, un grande entre os actores e entre as persoas. Se queremos mellorarnos a nós mesmos en algo, teremos que lembralo en todo o que foi e fixo. Boa viaxe amigo.
— Xavier Estévez (@xavier8estevez) 6 de agosto de 2018
Foise Ernesto Chao. O mestre, o compañeiro, o amigo. Que a terra che sexa leve. 🖤 pic.twitter.com/EC93krnkn9
— Xosé A. Touriñán (@xatouri) 6 de agosto de 2018
Tristura ao saber que nos deixou Ernesto Chao. Vaise un grande da cultura galega, unha persoa comprometida e que nos deixa un grande legado. Abrazo forte a súa familia e a toda a profesión. pic.twitter.com/az7G3tbDw9
— Ana Pontón (@anaponton) 6 de agosto de 2018
Morreu Ernesto Chao, figura fundamental do noso teatro, tamén expresidente de @Escena_Galega
— Escena Galega (@Escena_Galega) 6 de agosto de 2018
Que a terra che sexa leve, compañeiro. DEP pic.twitter.com/dsUqLvefyd
Tamén participou en numerosas películas, obras de teatro e series, dirixiu o Centro Dramático Galego e xestionou a compañía Lagarta, Lagarta, entre 2001 e 2012, cando pechou por dificultades económicas.
Sempre vencellado ao mundo da cultura, nos últimos anos tamén exerceu de presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia.