miércoles. 16.06.2021 |
El tiempo
miércoles. 16.06.2021
El tiempo

'Música a flor de pel' leva concertos aos centros de educación especial

Presentación do programa 'Música a flor de pel', en Afundación en Vigo. DP
Presentación do programa 'Música a flor de pel', en Afundación en Vigo. DP
Afundación pretende reducir o illamento provocado pola pandemia en colectivos vulnerables a través de música

Música a flor de pel é o nome da nova iniciativa que leva a cabo Afundación co obxectivo de "desenvolver iniciativas de impacto social que contribúan a paliar as consecuencias adversas da pandemia". Así, a partir do próximo 10 de maio levarase a cabo este novo programa que achegará microconcertos aos centros de educación especial de toda Galicia. A iniciativa presentouse en rolda de prensa onte no Teatro Afundación de Vigo coa presenza do presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet e de Marcos Estévez, director da Fundación Igualarte e o músico e profesor Carlos Quintá, quen dirixirá as propostas que se desenvolverán nos distintos centros educativos.

Case 1.100 escolares de 19 centros educativos están xa apuntados a esta actividade, dirixida a todos os centros de educación especial da comunidade que queiran participar, que se desenvolverá ata o 31 de maio e que continuará o próximo outono co inicio do novo curso escolar.

Tal e como indican desde Afundación, este programa ponse en marcha "desde o coñecemento dos beneficios que a música en directo achega para a xestión das emocións, a diminución de medos e tensións, o desenvolvemento sensorial e perceptivo, o fomento da creatividade ou o reforzo da comunicación, entre outros. Aproximar a música a estes nenos e mozos xorde como unha iniciativa tan emocionante como necesaria". 

En palabras de Miguel Ángel Escotet "o programa é a evolución lóxica do compromiso de Afundación, como Obra Social de Abanca coas artes e a cultura como motor de crecemento persoal, coa atención á diversidade, coa igualdade de oportunidades e coa sensibilidade social". 

El Centro de Educación Especial de la asociación Juan XXIII y el CEE Pontevedra se suman a la iniciativa de Abanca

NECESIDADES ESPECÍFICAS. Música a flor de pel é así mesmo un programa creado por Afundación por mor da detección das necesidades específicas dos centros de educación especial que traballan con persoas con capacidades diversas. As limitacións impostas ás saídas escolares e á realización de eventos neste ámbito conlevaron unha redución das posibilidades de interacción cultural deste alumnado, para quen a alternativa dixital non é unha opción plena, ao contar coa distancia que impón a pantalla. Así xorde esta iniciativa de acudir presencialmente aos centros, atendendo a un estrito cumprimento das normas de prevención da COVID-19, centrada en seguir traballando pola plena integración social.

Os centros educativos poderán elixir entre as propostas desenvolvidas polo grupo De [email protected] da Fundación Igualarte e o programa ideado por Carlos Quintá, músico e profesor, adaptando así as actividades ás opcións máis interesantes para cada centro. Deste xeito, o grupo de música tradicional De [email protected] da Fundación Igualarte, que traballa con persoas con capacidades diferentes, propón un concerto de música tradicional fusionada con ritmos contemporáneos, audicións musicais interactiva e unha proposta para os máis pequenos onde se traballan os aspectos sensoriais e achégaselles aos distintos instrumentos.

Pola súa banda, o músico Carlos Quintá como violinista e acordeonista, profesor de música e membro colaborador das compañías de monicreques Seisdedos, Viravolta ou Fantoches Baj propón unha actividade apoiada en elementos escénicos e lúdicos inspirada na tradición musical e oral galega e adaptada á creación actual.

'Música a flor de pel' leva concertos aos centros de educación...
Comentarios
ç