miércoles. 21.10.2020 |
El tiempo
miércoles. 21.10.2020
El tiempo

A música multiplícase polas rúas da cidade de Pontevedra

Concerto de Antilia na Praza de España. DAVID FREIRE
Concerto de Antilia na Praza de España. DAVID FREIRE
Pontevedra acolle ata 28 concertos nunha semana frenética dentro da programación de verán
Aos ciclos Música nova e Noites de jazz, xa en marcha, incorpórase mañá Con voz de muller

Preto de 30 concertos de pequeno formato (28 actuacións en escenarios máis pasarrúas) acollerá Pontevedra ao longo desta semana. Todos están incluídos na programación do verán pos-covid do Concello (www. pontevedra.gal), que se vén desenvolvendo dende o inicio de xullo e que rematará en setembro.

Aos ciclos Música nova e Noites de jazz, que xa coincidiron este martes, incorpórase Con voz de muller dende o vindeiro xoves. "Si, efectivamente os concertos coinciden no tempo. Entre eles e con outras propostas. Porque diso se trata. Son á vez para evitar riscos. Realizamos propostas de forma simultánea por unha cuestión de seguridade, para evitar concentracións de público", explicou a concelleira de Festas, Carme da Silva, o día da presentación de Noites de jazz.

Este ciclo, o de jazz, suple con pequenos concertos na Praza da Pedreira e na Praza de España o festival internacional que tradicionalmente ten lugar na Ferrería. Deu comezo onte coas actuacións de Manu Díaz Trío e Antilia, o grupo que lidera a cantante e actriz María Costas. O mércores será a vez de The Jezz Trío e Kambala Quartet.

No caso de Música nova, onte actuaron, nos Xardíns de María Victoria Moreno, Ton Risco e Marcos Teira. Este xoves ocuparán ese espazo EJAZZ. Na Praza da Ferrería onte estivo a Bakin Blues Band e hoxe estarán Laura LaMontagne & PicoAmperio.

A música multiplícase polas rúas da cidade de Pontevedra
Comentarios