De José González a Jane Birkin: música sen respiro en Pontevedra

O concerto do sueco, dentro de O Son do Camiño, dálle paso ao da británica xunto á Orquesta Cidade de Pontevedra no Pazo da Cultura

Jane Birkin durante o ensaio que realizou o venres coa Orquesta Filharmónica Cidade de Pontevedra. RAFA FARIÑA
photo_camera Jane Birkin durante o ensaio que realizou o venres coa Orquesta Filharmónica Cidade de Pontevedra. RAFA FARIÑA

José González, o venres, o Auditorio de A FundaciónJosé González e Jane Birkin coincidiron o venres en Pontevedra. O cantautor sueco de pais arxentinos, autor do tema Heartbeats, e a cantante e actriz británica afincada en Francia, musa de Serge Gainsbourg, son os protagonistas de dous dos concertos do ano na cidade. O primeiro actuou no Auditorio de Afundación, o pasado venres á noite, dentro dun ciclo do Xacobeo, O Son do Camiño, que leva estrelas da música polas cidades máis importantes de Galicia (Rodrigo Leão en Ourense, Miguel Poveda no Ferrol, The Hives na Coruña, etc.). Ela chegou á cidade para ensaiar o seu espectáculo Gainsbourg Symphonique, no Pazo da Cutura, xunto ao pianista xaponés Nobuyuki Nakajima e a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, cos que este sábado actúa dentro do ciclo Voices.

Se José González presentou na cidade o seu terceiro disco, Vestiges & Claws, en formato acústico, el só coa súa guitarra, Jane Birkin realizaralle unha homenaxe ao que foi o seu home na súa única data en España, a deste sábado en Pontevedra (21.00 horas; 30,80 e 28,60 euros; www.ticketea.com).

A cidade aínda acollerá de aquí a finais de ano outras dúas importantes actuacións: a dos británicos Morcheeba o 23 de novembro, tamén dentro do ciclo Voices, e a do gaiteiro Carlos Núñez, dentro da programación do Culturgal. Entradas: www.ticketea.com.

Comentarios