Musigal chegará a 55 concellos con actuacións de 26 agrupacións musicais

A Deputación encárgase do pago dos concertos, polo que os municipios só teñen que abonar os custos de produción
Imaxe da edición 2019 do Musigal. RAFA FARIÑA
photo_camera Imaxe da edición 2019 do Musigal. RAFA FARIÑA

A música galega e en galego volverá chegar este ano a todos os recunchos da provincia a través do programa Musigal, impulsado pola Deputación. Neste senso, a Xunta de Goberno aprobou a relación de actuacións que se levarán a cabo nos concellos da provincia, que suporá que 55 municipios de menos de 50.000 habitantes conten coa celebración de concertos a cargo de 26 agrupacións musicais diferentes.

Deste xeito, a Deputación favorece a programación artística nos concellos, que unicamente se teñen que facer cargo dos gastos de produción da actuación (como poden ser os equipos de son e luz ou o escenario), posto que o ente provincial abona na súa totalidade o caché do espectáculo dos grupos.

Andrea Pousa será a encargada de abrir a programación deste ano cun concerto que terá lugar o 9 de abril en Tui, mentres que a última cita será o 18 de decembro na Illa de Arousa, con Leilía.

Comentarios