En la variedad se encuentra el gusto

Robert Zemericks e Denzel Whashington na presentación de 'El Vuelo', en Madrid (EFE / Kote Rodrigo)
photo_camera Robert Zemericks e Denzel Whashington na presentación de 'El Vuelo', en Madrid (EFE / Kote Rodrigo)

Denzel Washington sobrevoa con El vuelo o romanticismo aloucado de Bradley Cooper e Jennifer Lawrence en El lado bueno de las cosas nas estreas de cine desta semana, nas que intentará facerse oco o humor de Movie 43.

Denzel Washington métese en El vuelo na pel de Whip Whitaker, un prestixioso piloto que, aínda baixo os efectos dos seus excesos, se enfronta a un avión que se avaría en pleno voo, converténdose nun heroe que salvará decenas de vidas. Dirixida por Robert Zemeckis, o papel co que o actor estadounidense intentará a súa reelección ao Oscar tinguirase de sombras cando as dúbidas afloren na investigación do accidente.

Bradley Cooper interpreta en El lado bueno de las cosas a Pat, un mozo que, tras agredir o amante da súa muller, sae do centro psiquiátrico disposto a reformarse. Á súa saída, Tiffany (Jennifer Lawrence), mentalmente inestable, trufará de enredos esta comedia de David O. Russell que logrou oito nomeamentos aos Oscar, entre eles os de mellor actor e actriz, película, director e guión.

Emma Stone, Gerard Butler, Hugh Jackman, Chloë Grace Moretz, Naomi Watts, Kate Winslet, Uma Thurman, Halle Berry e Richard Gere, entre outras estrelas, completan a repartición de Movie 43. Unha decena de historias sen censura entrelázanse nesta comedia que reúne en clave de humor rostros populares da gran pantalla, que exercerán de pais aloucados e obsesos do sexo.

Outras Novidades

‘El cuarteto’ O actor Dustin Hoffman ponse tras as cámaras para dirixir esta produción británica sobre músicos e cantantes de ópera retirados, con Maggie Smith, Pauline Collins, Tom Courtenay e Billy Connolly

‘Las bestias del sur salvaje’ Historia dunha nena que vive co seu pai no delta dun río de Luisiana e que, mentres se empeña en buscar a súa nai, ve como unha tempestade esnaquiza o lugar onde vive, o que a obriga a loitar para sobrevivir


‘La banda Picasso’ Fernando Colomo dirixe unha repartición coral de actores protagonistas, entre os que destacan George Braque, Max Jacob, Gertrud Stein ou Manolo Hugué, para reconstruír a historia do roubo de A Gioconda do Museo do Louvre de París en 1911 .

 

Comentarios