sábado. 20.07.2019 |
El tiempo
sábado. 20.07.2019
El tiempo

'Neorretranca' e 'deseucaliptar', entre os novos neoloxismos en lingua galega

'Deseucaliptar' é un dos neoloxismos atopados. JOSÉ Mª ÁLVEZ
'Deseucaliptar' é un dos neoloxismos atopados. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Investigadores da Uvigo detectaron máis de 2.000 termos no último ano

Investigadores do Observatorio de Neoloxía da Universidade de Vigo elaboraron un informe no que se recollen máis de 2.000 neoloxismos en lingua galega que foron identificados no último ano, e extraídos de publicacións 'en liña'. 

O equipo dirixido polos profesores Xosé María Gómez Clemente e Alexandre Rodríguez Guerra, do que tamén forma parte as investigadoras Ana Fernández Berrocal, Gema Rocha Molina e Anabel Garrido García, destacou algúns casos "por producir un impacto neolóxico moi notable", como sexodiversidade, webisodio (episodio dunha serie producida para internet), neorretranca, deseucaliptizar ou ecocabicha

Así mesmo, apuntaron tamén como interesantes certos "préstamos", como podcasting, hater (aplicado a redes sociais) e mentoring; ou "compostos" como cibercrime, bioinformática ou ecocidade

Os investigadores precisaron que a maior parte destas palabras créanse a partir de procedementos identificados como formais (anti-austeridade, recuncamento, autopublicidade,...); pero tamén hai unha parte que son extranxeirismos sen adaptar (quiche, photocall, fake news,...) ou neoloxismos semánticos (tuiter, tubo...).

"VITALIDADE" DA LINGUA GALEGA. Con este informe na man, o Observatorio conclúe que a "vitalidade" da lingua galega é semellante á da española ou a portuguesa. 

Para que unha palabra sexa considerada neoloxismo debe cumprir algunhas características e, aínda que o feito de non estar no dicionario pode ser un indicio, "necesítase comprobar si hai un criterio obxectivo de novidade na palabra, si é percibida como tal polos hablantes e si se pode documentar unha determinada extensión do seu uso". 

A Neoteca da Universidade de Vigo contén actualmente máis de 10.000 rexistros neolóxicos identificados e documentados nun 'corpus' de prensa en lingua galega publicada desde 1997. Cada rexistro inclúe información contextual, datación, fonte, categoría gramatical e procedemento de formación léxica.

'Neorretranca' e 'deseucaliptar', entre os novos neoloxismos en...
Comentarios