domingo. 09.08.2020 |
El tiempo
domingo. 09.08.2020
El tiempo

As noites de xullo son noites de jazz

Miguel Lamas. CEDIDA
Miguel Lamas. CEDIDA
Preto de medio cento de músicos galegos participan dende este martes no ciclo de concertos de pequeno formato co que o Concello suple a cancelación do Festival Internacional de Jazz

"O Festival de Jazz de Pontevedra é un clásico. Agardamos poder recuperalo o ano que vén, pero mentres tanto non queriamos que a cidade quedase sen as súas noites de jazz. Como temos a sorte de contar co Seminario de Jazz (SPJ), podemos seguir gozando desta música". Serán 45 os artistas galegos ou afincados a Galicia que o SPJ reuniurá no ciclo Noites de Jazz, que a concelleira de Festas, Carme da Silva, presentou este luns. Trátase dunha proposta que suple con concertos de pequeno formato a cancelación do Festival Internacional de Jazz e Blues da cidade. "É un orgullo poder realizar este programa sen saír de Galicia", apuntou Da Silva.

Luís Carballo, do SPJ, que habitualmente coordina os concertos do Festival de Jazz que se celebran na Praza do Teucro, é o responsable destas Noites de Jazz, que comezan este martes e que contarán con dous concertos diarios sobre distintos escenarios, ademais da actuación pola rúa, á mañá e á tarde (12.00 e 20.00 horas) da Street Band. Os concertos serán ás 22.00 horas na Praza da Pedreira e ás 22.30 na Praza de España.

ACTOS SIMULTÁNEOS. "Si, efectivamente os concertos coinciden no tempo. Entre eles e con outras propostas. Porque diso se trata. Son á vez para evitar riscos. Realizamos propostas de forma simultánea, por unha cuestión de seguridade, para evitar concentración de público", explicou Carme da Silva.

María Costas, voz de Antila. DP
María Costas, voz de Antila. DP
 

Luís Carballo explicou que este martes se abrirá a proposta co guitarrista pontevedrés Manu Díaz en formato trío e co grupo Antilia, que conta como vocalista coa cantante e actriz María Costas "e que se achega a estilos como a bossa nova".

O mércores será a vez de The Jezz Trío, "o grupo do guitarrista pontevedrés Javier Abraldes", e Kambala Quartet, "unha proposta que fusiona músicos galegos e portugueses, algo que tratamos de propiciar sempre dende o SPJ".

Adrián Solla. DP
Adrián Solla. DP

O xoves 30 de xullo, os protagonistas da xornada serán o pianista Adrián Solla co seu trío, "unha actuación que houbo que cambiar de data con respecto a como aparece no programa", e Rosolino Marinello, "saxofonista italiano afincado en Sanxenxo".

Ao día seguinte actuarán os vigueses Baraka Jazz Trío e o grupo do saxofonista de Sanxenxo Miguel Ponce xunto ao pianista Sergio de Miguel, "de 18 anos e chamado a ser un dos máis importantes representantes galegos da nova xeración de jazz da nosa comunidade". O ciclo rematará con Xosé Outón, guitarrista de Ribadumia, e o batería Iago Fernández, "gañador, entre outras cousas, dun premio Martín Códax".

📅 Calendario
28 de xullo
22.00 horas, Praza da Pedreira: Manu Díaz Trío.
22.30 horas, Praza do Concello: Antilia.
29 de xullo
22.00 horas, Praza da Pedreira: The Jezz Trío.
22.30 horas, Praza do Concello: Kambala Quartet.
30 de xullo
22.00 horas, Praza da Pedreira: Adrián Solla Trío.
22.30 horas, Praza do Concello: Rosolino Marinello Quartet.
31 de xullo
22.00 horas, Praza da Pedreira: Baraka Jazz Trío.
22.30 horas, Praza do Concello: Miguel Lamas Quartet.
1 de agosto
22.00 horas, Praza da Pedreira: Xosé Outón Trío.
22.30 horas, Praza do Concello: Iago Fernández Grupo.
Todos os días
​12.00 e 20.00 horas: Street Band.

Concertos. MJ Pérez e Fransy González xunto a Davide Salvado traen Música Nova a Pontevedra

Concerto de MJ Pérez dentro da programación de Música Nova. JOSÉ LUIZ OUBIÑAConcerto de Fransy González e Davide Salvado dentro da programación de Música Nova. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A canción de autor de MJ Pérez –primeira imaxe– e a proposta tradicional da parella artística que forman Fransy González e Davide Salvado serviu para botar a andar este luns o novo ciclo de concertos da programación de verán do Concello de Pontevedra, Música Nova.

A actividade continúa este martes e o mércores con dúas actuacións diarias: ás 21.00 horas, nos Xardíns de María Victoria Moreno e, ás 22.00, na Praza da Ferrería. Este martes poderá escoitarse a Ton Risco e Marcos Teira, por un lado, e á Bakin Blues Band, por outro. O ciclo rematará o mércores con EJAZZ e Laura LaMontagne & PicoAmperio.

As noites de xullo son noites de jazz
Comentarios