Sábado. 25.05.2019 |
El tiempo
Sábado. 25.05.2019
El tiempo

La nueva apuesta de ficción de la TVG estará ambientada en la redacción de un periódico

Televisión de Galicia e a produtora CTV presentaron este mediodía en Vigo 'O Nordés', nova serie profesional inspirada no traballo da redacción dun xornal e que a canle pública estrea o xoves 17 de setembro, para a súa emisión con carácter semanal e en horario de 'prime time'.

Esta ficción é unha serie urbana ambientada na cidade olívica, onde transcorre a acción e se realiza o xornal 'O Nordés'. Creada e coproducida por Xosé Castro, Carlos Ares e Andrés Mahía, de Zopilote, e dirixida por Marta Piñeiro e Alfonso Zarauza, esta produción narrará os casos profesionais e os conflitos persoais que se dan na redacción deste modesto xornal galego que xa cumpriu cen anos de vida.

'O Nordés', que consta de 13 capítulos, está gravada con cámaras de alta definición e con dúas unidades técnicas en paralelo. Tamén se empregaron para a súa posprodución de vídeo as técnicas máis modernas de tratamento da imaxe e infografía.

Protagonista, o xornalismo
Os protagonistas son os xornalistas e, como tal, cada capítulo estrutúrase en función da rutina laboral de cada xornada, desde a primeira reunión matinal do consello de redacción ata que os lectores o reciben a primeira hora da mañá do día seguinte.

A empresa familiar que dirixe o xornal pasa por un mal momento económico e sofre presións por parte dun comprador para facerse co seu control. Con todo, as principais historias que se narran na serie son as que xorden dos casos que día a día tratan os profesionais da información: historias a partir de sucesos e de temas de actualidade e de interese humano. As tramas xorden tanto dos conflitos entre os personaxes coma dos casos propios da profesión cos que se encontran os xornalistas.

Actores consagrados e novas promesas
Aínda que son máis de 130 as persoas que integran o equipo da nova serie, o elenco de actores destaca por incluír artistas consagrados como Mabel Rivera no papel da editora e propietaria do xornal, e X. Manuel Olveira 'Pico' como director.

Ao seu carón, estarán algunhas das novas promesas do audiovisual galego como Isabel Risco como bolseira en prácticas ou Olalla Salgado como redactora. A serie ofrecerá tamén a oportunidade de ver a Víctor Fábregas como redactor de deportes, coñecido polo seu personaxe de Tucho nos Tonechos, no seu primeiro papel dramático.

Ademais o cadro de actores conta con Ledicia Sola como redactora xefe de local, Monti Castiñeiras como subdirector, Fernando Morán como editor e dono do xornal, Xulio Abonjo como reporteiro, Xacobo Prieto como fotógrafo, Evaristo Calvo como redactor xefe de economía, Marián Bañobre como redactora xefe de cultura e sociedade, Marcos Orsi como director comercial, Belén Constenla como limpadora e Alfonso Agra como empresario e antigo narcotraficante.

La nueva apuesta de ficción de la TVG estará ambientada en la...
Comentarios