Nova Galega de Danza celebra a súa primeira década con 'Dez'

Dez, dez anos despois, Nova Galega de Danza celebra este aniversario cun número, se podería dicir, redondo, xa que Dez é precisamente o nome deste espetáculo conmemorativo que xa foi presentado o pasado 27 de setembro na Coruña.

Trátase dunha actuación na que a danza se atopa coa música ao vivo, nunha mestura de tradición e modernidade na que instrumentos tradicionais e autóctonos como a zanfoña ou a gaita entran a formar parte nunha escea de danza contemporánea. A produción inclúe 17 pezas que conteñen a tradición galega máis pura e as doses de experimentación e mestizaxe que a fan única.

A produción consiste nunha representación de aproximadamente 90 minutos dividida en dous actos. A dirección musical corre ao cargo de Pedro Lamas e Xosé Lois Romero, mentres que a posta en escena está encabezada polo director artístico da compañía, Jaime Pablo Díaz, mais outros seis bailaríns e sete músicos xunto co equipo técnico. O show inclúe no programa de man aplaudidas pezas da compañía como Ser é terra ou Introito.

AXENDA E VENDA DE ENTRADAS

OUTUBRO

Martes 15 Teatro Principal, Santiago de Compostela

Sábado  26  Auditorio Municipal  Mera ( Oleiros )


NOVEMBRO


Sábado 2  Auditorio Municipal de Vilagarcía

Mércores 16 e  Xoves 17  Real Coliseo Carlos III de San Lorenzo do Escorial ( Festival Madrid en Danza )

DECEMBRO

Sábado14 Auditorio Municipal de Narón

Sábado 21 Teatro Principal, Ourense.

As entradas están á venda en televenda 902 504 500 / www.servinova.com.

Comentarios