El CGAC homenajea a Chano Piñeiro

''Facer cine en Galicia é posible; facer cine en galego é necesario''. Este pensamento dun dos pioneiros do audiovisual galego, Chano Piñeiro, conserva e seguirá conservando a súa vixencia, pois a produción cinematográfica do país aínds non conseguir erguer a cabeza e as dificultades económicas son innúmeras. Falta tamén unha figura autodidacta semellante á de Piñeiro, quen comezara no cine co seu modesto super8 e conseguiu realizar a primeiera longametraxe feita integramente en Galicia e en galego, 'Sempre Xonxa'.

Estes mes cúmprese o 25 aniversario doutra das súas obras memorables: a curtametraxe 'Mamasunción'. Así, o Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) de Santiago de Compostela ríndelle homenaxe a este cineasta xa falecido coa proxección desta cinta e de 'Sempre Xonxa'.

A primeira das proxeccións terá lugar ás 19.30 horas deste xoves, tra-la cal haberá unha charla-coloquio na que participarán a actriz Uxía Blanco (quen protagoiza 'Sempre Xonxa'), o investigador Manolo González e o produtor Antón Reixa.  A segunda das proxeccións terá lugar o venres, tamén ás 19.30 horas.

Os dramas da emigración
Chano Piñeiro naceu en el concello pontevedrés de Forcarei no ano 1954 e xa na década dos setenta realiza as súas primeiras curtametraxes en Super8, da que destacan 'Eu, o tolo' e 'Os paxaros morren no aire'.

Será en 1984 cando aparece a súa primeira obra en 35 mm. que lle levará a un valioso recoñecemento por parte da crítica. 'Mamasunción', a historia dunha nai que agarda a carta do seu fillo emigrado, recibiu Premio da Crítica na Sección de Artes e Ciencias da Representación en Galicia e conseguiu darlle un novo pulo ao audiovisual galego.

En 'Mamasunción', drama poético sobre o desastre da emigración, Piñeiro expón varias vivencias da súa infancia en Forcarei, sendo o argumento a lembranza dunha anciá da vila que agardaba día tras día noticias do seu fillo emigrado en México, unha escena que podería retratarse en calquera localidade galega.

Tamén conectada coa temática da emigración é a longametraxe 'Sempre Xonxa', que se estreou simultaneamente en varias cidades galegas. Neste filme, tamén se narran as consecuencias traumáticas que a emigración provoca nas persoas.

A cámara de Piñeiro reflite tamén a vida dunha aldea galega durante a etapa franquista. Antes desta película, Piñeiro rodara 'Esperanza', un produto que non soubo contestar axeitadamente ás expectativas creadas por 'Mamasunción'.

Despois de 'Sempre Xonxa' a cámara de Chano Piñeiro descansa ata que no ano 1993 recebe un encargo institucional con motivo do ano Xacobeo. 'O camiño das estrelas', o nome deste filme, é unha historia a medio camiño entre a realidade e a ficción que veu situarse no punto máis baixo da filmografía de Piñeiro. Tras realizar este traballo o temo non lle foi suficiente para poder facer máis películas, xa que en 1995 morría aos 40 anos.

Comentarios