Un paseo por el arte del sexo

O Centro Galego de Arte Contemporánea ven de ianugurar unha nova exposición, 'En todas as partes. Políticas da diversidade sexual na arte', comisariada por Juan Vicente Aliaga e que permanecerá no CGAC ata o 20 de setembro. A mostra presenta unha panorámica sobre as representacións e narracións da diversidade sexual na arte dende os anos sesenta até a actualidade.

192 pezas de máis de 70 artistas dos 5 continentes repartidas en dous andares. A mostra está estruturada en torno a varias seccións coas que, a partir dos conceptos e ideas relacionadas cun período histórico concreto, o comisario propón trazar guías para comprender algunhas claves estéticas e experiencias complexas.


Ademais, de xeito parello á exposición, o CGAC desenvolverá varias actividades nas que se abordarán cuestións vinculadas á temática da mostra, cunha vontade crítica cara ás posicións restritivas e sexófobas. Así, ao longo dos tres días de duración do seminario 'O declive da ortodoxia?', do 18 ao 20 de maio, expertos, activistas e artistas presentarán ao público asistente as filosofías de xénero, o pensamento gay e lésbico, as formulacións transxenéricas, os feminismos e asideas procedentes da teoría queer.

En busca da visibilidade
O comisario da mostra, Juan Vicente Aliaga, subliñou que se trata dun "proxecto necesario", xa que en España nunca xe ten feito unha exposición desta envergadura. Neste senso, resaltou que, pese a que en España se ten avanzado moito no eido lexislativo, todavía existen "muchos miedos e inseguridades".

Tal e como sinalou Aliaga, a mostra está dividida en catro grandes seccións. A primeira abarca as décadas dos 60 e dos 70, prestando unha especial importancia á represión policial levada a cabo polos corpos de seguridade de Nova York en 1969. Trátase duns anos de "gran eclosión" e da "ingenuidad propia de los tiempos pioneros".

O seguinte bloque ocúpase da década dos 80, marcada polo enorme impacto da aparición da SIDA, a súa manipulación política e o odio contra comunidades como a homosexual ou os toxicómanos, culpadas da súa expansión. As obras deste periodo van dende as máis reivindicativas a outras máis sutís ou metafóricas.

A seguinte sección abrague dende os 90 ata a actualidade e inclúe algunha obra feita ex profeso para esta exposición. Ademais, este bloque caracterízase poal súa variedade temática, xa que as posibilidades de mostrar a diversidade sexual son moito maiores. Así, fálase da visibilidade dos transexuales, da ocupación e sexualización do espazo público, das relacións familiares, da liberdade sexual en diferentes ámbitos ou das relacións da cultura popular ou de masas coa sexualidade. Outros autores fan unha revisión da memoria histórica sexual, repasando os testemuños de persoalidades consideradas na súa época, "perversos, enfermos o incluso peligrosos".

O último bloque céntrase na obra de artistas procedentes de países con normas moi regresivas ou incluso claramente homófobas. Deste xeito, podemos achegarnos ao traballod e artistas árabes ou hindús. Con todo, non todas as pezas deste bloque teñen que ver coa represión, incluíndose incluso obras humorísticas.

Pola súa parte, o director do CGAC, Manuel Olveira, recordou que todos estes artistas "reflicten nas súas obras os cambios sufridos pola sociedade respecto ao sexo, en todas as súas formas". Ademais, resaltou o obxectivo de "conseguir a visibilidade e dereitos" de todas as opcións sexuais e de "contribuir ao debate das ideas".

Comentarios