El filme gallego 'Celda 211', a Venecia

'Celda 211', da productora galega Vaca Films, terá este venres a súa primeira premier internacional, no Festival Internacional de Cine de Venecia. A cuarta película de Daniel Mozón está baseada na novela homónima de Francisco Pérez Gandul. A longametraxe está protagonizada por Alberto Ammann e conta cun sólido elenco formado por actores como o lucense Luis Tosar, e os xa recoñecidos Antonio Resines, Luis Zahera, Carlos Bardem, Manuel Morón e Marta Etura.

A cinta narra a historia de Juan, un mozo funcionario de prisións que se ve atrapado nun motín carcelario o mesmo día no que comeza a traballar no seu novo destino. Facéndose pasar por un preso máis, loitará por salvar a súa vida e tentar poñer fin á revolta.

Na delegación que acompaña á película estarán presentes a productora da película, Emma Lustres; o director e gran parte do reparto. Ademais, o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, acompañará a esta delegación para apoiar a promoción da cinta.

Mais o periplo internacional de 'Celda 211' non remata aquí, xa que participará tamén no Festival Internacional de Cine de Toronto, que se celebrará do 10 ao 19 de setembro na cidade canadiense. A longametraxe foi seleccionada para formar parte da sección 'Contemporary World Cinema'.


Inauguración 'berlusconiana'
O inicio do festival Internacional de Cine de Venecia deu o seu pistoletazo de saída coa película 'Baarìa', dirixida por Giuseppe Tornatore. É a primeira vez en dúas décadas que unha cinta italiana abre a Mostra de Venecia. 

A película, dirixida polo gañador dun Oscar por 'Cinema Paradiso', é un relato épico que abarca tres xeracións, desde a década de 1930 ata os tempos modernos, usando como pano de fondo o xurdimento do fascismo, a Segunda Guerra Mundial e os manexos políticos da Italia da posguerra.

A pesar de que se trataba da gran promesa, parece que a proxección decepcionou a espectadores e críticos, acusada de costumismo exacerbado, dramatismo artificioso e cursilería complacida.

A este respecto, o primeiro ministro italino, Silvio Berlusconi, afirmou que se trata dunha obra maestra e que, se os espectadores non recoñecen ao momento esa excelencia é porque non entenden de cine. Estas declaracións resultan bastante reveladoras, tendo en conta que a cinta está producida por Medusa Film, que como se pode intuir tamén pertenece ao imperio de Berlusconi.

Comentarios