El Play-Doc premia a 'Intimidades de Shakespeare e Víctor Hugo'

A directora mexicana Yulene Olaizola, que presentaba o documental 'Intimidades de Shakespeare e Víctor Hugo', é a gañadora na categoría de longametraxe documental do Play-Doc 2009, que pechaba este domingo en Tui a súa quinta edición.

Así o decidiu o xurado composto por Georgi Lazarevski, Jiska Rickels, Jose Luís Losa e Miquel Martí Freixas. A dotación do premio é de 5.000 euros e unha pequena escultura en pedra do artista tudense Juan Vázquez. Nesta categoría, o xurado tamén acordou outorgar unha mención especial a 'Amores Cegos', do eslovaco Juraj Lehotsky.

Documentais galegos
Na sección de curtametraxes, outorgaron o premio a 'Cyanosis', da Iraní Rokhsareh Ghaemmagami. Na sección dedicada aos documentais galegos, que este ano tivo unha gran acollida entre o público, o xurado decidiu outorgar o premio de forma compartida a dous dos aspirantes: 'Manuel e Elisa' de Manuel Fernández Valdés e 'Paris # 1' do director Oliver Laxe.

Os premios foron entregados no marco da gala de clausura desta quinta edición do Play-Doc, na que ademais os espectadores puideron asistir a un pequeno concerto de Uxía, que interpretou en directo un tema do seu último traballo, sobre imaxes do director Mario Iglesias.

Comentarios