El portugués Miguel von Haffe encabeza el nuevo proyecto para el CGAC

O portugués Miguel von Haffe foi nomeado este martes por unanimidade novo director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) nunha reunión do Padroado do museo. O elixido foi proposto polo comité de expertos disposto para tal fin e competía con outros 11 candidatos, dos que finalmente foron entrevistados 6.

Miguel von Haffe Pérez ten 42 anos e naceu en Oporto. Encabezou a área de artes plásticas e arquitectura da súa cidade natal, cando esta foi Capital Europea da Cultura. Actualmente, encárgase do arquivo de arte contemporáneo da Fundação Ilidio Pinho de Oporto e forma parte do seu Conselho das Artes.

Iniciou a súa actividade profesional como coordinador do Servizo Educativo da Fundación de Serralves. Desde 1992, traballou ao longo da xeografía portuguesa, española e incluso brasileira como comisario en máis de medio cento de exposicións. Tamén formou parte de numerosos xulgados de diversos premios e nomeamentos.

Ademais de portugués, o novo director fala alemán, inglés, francés e español e ten a obriga de aprender galego antes dun ano.

Coñecedor da realidade artística galega
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, resaltou a ''longa traxectoria profesional'' de von Haffe e a súa ''relevancia no panorama artístico ibérico e mesmo europeo''. Asimesmo, sinalou que coñece a realidade artística galega, portuguesa e española e que ten traballado xa en Galicia, concretemente como comisario en varias bienais en Pontevedra e en proxectos vencellados ao propio CGAC. De feito, varios dos membros do Padroado xa teñen traballado con el.

Asimesmo, Varela comentou que ''non son partidario de consideralo un candidato estranxeiro'', xa que ''Oporto forma parte da nosa cultura''. O novo director chegará a vindeira semana a Santiago, para poñer en funcionamento de inmediato a programación para esta temporada e o seu proxecto museolóxico.

Complexo museístico

En liñas xerais, o proxecto presentado por von Haffe pretende convertir ao CGAC nun "espacio museístico máis que de produción", segundo informou o propio conselleiro. Así, pretende "retornar ao valor de espacio de museo", traballando "tamén con artistas consagrados".

Varela asegurou que o seu único mandato para o novo director será que manteña un "equilibrio" entre unha "perspectiva atlántica e non só europea" e a "integración do museo dentro da sociedade galega".

Así, o reto principal ao que terá que enfrontarse será aumentar o número de visitas. Posteriormente, terá que traballar en conxunción coa Cidade da Cultura e dentro dunha rede de museos de Galicia, tal e como explicou Varela.

Entrada de financiamento privado
Por último, o conselleiro apuntou a necesidade de cambiar o estatuto xurídico do CGAC, para dotalo de maior autonomía e unha persoalidade xurídica propia, ademais de permitir a entrada de financiamento privado, mediante donacións e patrocinios. Así, Varela comprometeuse co Padroado a comezar a traballar de inmediato neste novo modelo. Con todo, rexeitou unha posible privatización.

Comentarios