El 'Vidal Bolaño' premia el humor libre

"Parece ser que terrorismo é facer que os nenos se rían", dixo o clown lucense Iván Prado hai uns vinte días, cando as autoridades de Israel decidiron expulsalo do país tras interrogalo e cachealo no aeroporto de Tel Aviv, desde onde se dirixía a Ramala para ultimar os preparativos dun Festiclown para os territorios ocupados.

Prado, ou Lokonuk, é o cofundador da organización Pallados en Rebeldía, unha organización que se dedica a divertir en zonas en coflicto seguindo o ronsel doutros colectivos como Pallasos sen Fronteiras. Ambos, colectivo e cofundador, mereceron o premio Vidal Bolaño que cada ano conceden as Redes Escarlata a persoas "comprometidas coa loita pola emancipación de Galicia".

En concreto, o xurado destacou o labor emprendido por Pallasos en Rebeldía facendo fincapé na proxección "desde Galicia ao mundo máis oprimido e subalterno de creacións artísticas liberadoras", á vez que recordaron o "uso brillante" que o colectivo clown sabe facer "do sorriso liberador e das artes do humor ceibe contra a opresión", como así consta nas actas de resolución.

O galardón que recorda a figura do soado dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, e que o ano pasado foi a parar a mans do historiador Dionisio Pereira, tras ser denunciado polas súas investigacións sobre os represaliados da ditadura franquista, vén destacar e condenar ademais a persecución da que Iván Prado foi vítima en Israel por parte da policía.

Comentarios