A oitava edición do FICBueu abarrota o Centro Social do Mar

A proxección da curta galega ‘'Ser e voltar’' de Xacio Baño inaugurou a programación do festival que este ano conta cunha nova sección adicada ós filmes feitos na comunidade
O público ateigou onte o paraninfo do Centro Social do Mar durante as proxeccións
photo_camera O público ateigou onte o paraninfo do Centro Social do Mar durante as proxeccións

O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu deu comezo onte aborrotando o patio de butacas do Centro Social do Mar. A proxección dunha cinta galega e outras catro de Europa, América e Asia formaron parte da programación inaugural que se puido disfrutar en dúas sesións idénticas, ás 20.00 e 22.00 horas, ao igual que se fará nos vindeiros días.

No entanto, o pasado domingo iniciouse a programación previa ao certame cinematográfico coa charla de Salvador Castro ‘Cine e literatura, sempre é mellor o libro?’. O profesor e investigador mantivo unha conversa co público arredor das relacións entre cinema e literatura. Ese mesmo día pola noite o Auditorio Cangas acolleu a proxección dunha selección de filmes premiados en anteriores edicións do certame co primeiro premio e co premio do público.

Nembargantes, o FICBueu chegou onte á vila do Morrazo tras despregar a súa alfombra vermella coas proxeccións do FICBueu comezaron onte coa curta galega ‘Ser e voltar’, unha mistura entre documental e ficción de Xacio Baño. Seguiulle unha fita alemá, a nacionalidade máis representada nesta edición do festival, titulada ‘Alles wird gut’ (‘Todo irá ben’) e dirixida por Patrick Vollrath. O film xeorxiano ‘Dinola’, da realizadora Mariam Khatchvani, e o estodunidense ‘Starman’, do valenciano Josema Roig, foron as seguintes en mostrarse na gran pantalla do paraninfo do Centro Social do Mar.

‘The Baby’ (‘O bebé’), do director iraní Ali Asgari, foi a curtametraxe encargada de pechar a primeira noite do 8º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu.

O numeroso público que acudiu tanto a sesión das 20.00 horas coma a das 22.00 horas quedou abriado coa calidade das películas, que nalgúns casos provocou a emoción dos espectadores ou espontáneas ovacións entre aplausos.

Mañá tamén no Centro Social do Mar proxectaranse outros cinco títulos dos 28 que concorren ao certame, incluíndo as obras da sección galega. A xornada volverá comezar cunha destas cintas, ‘Curricán’, de Álvaro Gago, para avanzar logo con ‘Die Kunst des Verlierens’ (Alemaña), de David Voss, e ‘Aïssa’, de Clément Tréhin-Lalanne. A sesión concluirá con ‘Pére’ (Tunisia/Francia), dirixida por Lofti Achour, e o documental ‘Elena Asins - Génesis’, do realizador español Álvaro Giménez.

Comentarios