Ourense se recrea en los años de la Xeración Nós

O primeiro terzo do século XX foron anos de moita actividade cultural en Ourense, ao coincidir cos traballos da Xeración Nós. Para lembrar aquelas datas, a cidade das Burgas preparou a súa propia festa da historia, que se celebrará o vindeiro domingo, día 30, grazas ao traballo dunha trintena de asociacións e entidades.

Así as cousas, baixo o nome de 'A Bela Auria' agóchanse un proxecto que vestirá de época os Xardíns do Posío e o lindante instituto Otero Pedrayo, os dous lugares escollidos para emprender unha viaxe ao pasado da man dos libros, as vellas fotos, bailes tradicionais, ciclos de cine e conferencias sobre os mellores anos da historia de Ourense. Desde as dez e media da mañá e ata ben entrada a noite, a cidade revivirá o movemento socio-cultural que daquela anegaba a vida ourensá.

Comentarios