Os Premios Paraugas recoñecen a Kiko da Silva por 'O Pacto do Letargo'

O Clúster de Comunicación de Galicia destaca a edición de Retranca Editora, no libro de Miguelanxo Prado
Capa do libro galardonado. DP
photo_camera Capa do libro galardonado. DP

O libro de Miguelanxo Prado O Pacto do Letargo, editado por Retranca Editora e deseñado por Kiko da Silva vén de acar o Premio ao Mellor Libro Editado nos Premios Paraugas 2020 que convoca o Clúster da Comunicación de Galicia.

O responsable da edición agradeceu onte nas súas redes sociais nada máis coñecerse o veredicto do xurado a Gráficas Anduriña, por "ser tan bos profesionais e facer realidade todas as miñas tolemias de deseño editorial", así como a Miguelanxo Prado "por confiar a súa nova banda deseñada a Retranca Editora e Letargo_SECCION_ESdeixarse contaxiar por esta paixón miña por facer libros especiais". Da Silva tamén se acordou dos libreiros que apostaron por este volume, "unha aposta feita co corazón", destacou da Silva.

O editor galardonado subliñou que este galardón é a mostra de que "a pandemia non vai poder coa cultura. Seguiremos facendo bos libros e apostando polas empresas e creadores/as galegas".

O Pacto do Letargo é o primeiro volume dunha triloxía creada polo Premio Nacional de Cómic 2013, que saíu ó mercado galego en agosto de 2020 e que xa vai pola segunda edición en galego. Retranca editora fixo unha edición especial na que os lectores podían ver a ilustración orixinial sen letras do título nin logotipos tal e como Prado a creara, ademais de outros detalles. O volume completouse co Atelier: Miguelanxo Prado, cunha longa entrevista realizada ao autor por Kiko da Silva no que Prado amosa a cociña do seu estudio de creación e amosa todo o proceso da elaboración dunha banda deseñada.

A quinta edición dos Premios Paraugas, promovidos polo Clúster da Comunicación de Galicia en colaboración coa Xunta a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), recoñeceu ás mellores empresas e profesionais galegos en campos como a edición, o deseño ou o marketing dixital.

Comentarios