miércoles. 21.04.2021 |
El tiempo
miércoles. 21.04.2021
El tiempo

Unha curtametraxe dos alumnos de Comunicación Audiovisual chega a Youtube e Vimeo

O equipo da curtametraxe durante a gravación. DANIEL PORTEIRO
O equipo da curtametraxe durante a gravación. DANIEL PORTEIRO
Un equipo de alumnos de Comunicación Audiovisual de Pontevedra estrean en YouTube e Vimeo a curta Piensa en mí

Que pasaría se dúas mulleres que son parella puidesen saber en que está pensando a outra? É o punto de partida de Piensa en mí, a curtametraxe que un equipo de alumnos de Comunicación Audiovisual da Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra vén de estrear en internet, a través das plataformas YouTube e Vimeo. Gravado o pasado verán, cando se suavizaron as restricións sanitarias a causa da pandemia, o argumento da curta contribúe á normalización no audiovisual do tratamento de temas relacionados coa diversidade sexual (LGTB) ao estar protagonizada por unha parella de mulleres.

"A película naceu dentro do traballo que se fai na materia de Realización e Producción de Ficción de terceiro curso", explica Daniel Porteiro, un dos guionistas da peza. "Aí temos que realizar dúas curtametraxes, nas que os mestres van exercendo de titores co obxectivo de que eses traballos posteriormente se movan por festivais e vaian algo máis alá de proxectos da facultade, que se acheguen o máis posible a un traballo audiovisual profesional que nos permita empezar a engrosar o noso curriculum". 

Gravado o pasado verán en Poio, o traballo, de temática LGTB, conseguiu unha axuda da Xunta e aspira a moverse por festivais

PANDEMIA. Cando chegou a pandemia a España, o curso quedou paralizado e o equipo do que forma parte Porteiro desbotou poder realizar as súas curtas. "Tivemos que adaptarnos ás circunstancias. Finalmente, decidimos escoller un dos proxectos e foi o que fixemos", explica.

Ariadna Álvarez é a directora da curta, que contou con Rubén Beiró como produtor e que se gravou en Poio. Once alumnos de Comunicación Audiviosual formaron parte do equipo. As actrices Raquel Fernández e Mara Neira interpretan ás dúas protagonistas, Natalia e Clara.

ARIADNA ÁLVAREZ. "A idea orixinal da curta foi de Ariadna Álvarez e foi por iso que dirixiu a curtametraxe", explica Daniel Porteiro, que tamén conta que á estrea en internet se viron obrigados ao facerse cunha axuda do programa Iniciativa Xove, da Xunta de Galicia. "Unha das esixencias desa axuda era que a peza tiña que compartirse na rede. Iso non quita que, a partir de agora, tratemos de movela por distintos festivais para que acade a maior proxección posible nese tipo de certames". 

Natalia e Clara son parella e viven juntas. Clara estudia e Natalia está no paro. A súa vida normal cambia unha mañá cando empezan a escoitar os pensamentos da outra en cada unha das súas cabezas. "A primeira idea de Ariadna Álvarez era a dunha discusión entre dúas mozas. A partir de aí comezou a variar a historia ata chegar a onde chegou o guión, que axudamos a desenvolver Marta Castro e eu". 

Unha curtametraxe dos alumnos de Comunicación Audiovisual chega a...
Comentarios
ç